As Ventelas, Lebozán, Beariz

lugar da parroquia de Lebozán, no concello de Beariz


As Ventelas[1] é un lugar da Parroquia de Lebozán, pertence ao concello de Beariz, da comarca do Carballiño (provincia de Ourense).​ No ano 2008 tiña dezasete habitantes (dez homes e sete mulleres).

As Ventelas

Rúa coa Eira dos hórreos ao fondo.
ParroquiaLebozán
ConcelloBeariz
Coordenadas42°29′58″N 8°15′25″O / 42.499444444444, -8.257Coordenadas: 42°29′58″N 8°15′25″O / 42.499444444444, -8.257
Poboación18 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

O lugar das Ventelas linda ao norte coa estrada nacional N-541, que é a súa principal vía de comunicación, e a aldea das Antas, que pertence tamén a Beariz. Situada entre a serra do Cando e a serra do Candán, nunha das ladeiras do monte Marcofán, pertence á histórica comarca de Tabeirós - Terra de Montes. O rueiro das Ventelas confórmao unha única rúa.

Probabelmente o seu nome teña que ver co feito de que é unha zona na que ventea moito durante todo o ano.[Cómpre referencia]

Patrimonio editar

Patrimonio material editar

  • Monte veciñal en man común. Aparecendo recollido no Catálogo de entidades de economía social[2] da Xunta de Galicia, como Comunidade e mancomunidade de montes.
  • Mámoas da Bola: a necrópole megalítica da Bola está composta por dous túmulos ou mámoas.[3]
  • Mámoas da Chancela: no conxunto da Chancela tamén hai varios petróglifos.
  • Eira das Ventelas: na eira hai varios horreos pertencentes a distintas familias, construídos na súa maioría en lousa.[4]
  • Muíño das Ventelas: hai tamén un muíño de herdeiros, restaurado, na estrada cara a Lebozán.
  • Abellariza: Hai unha abellariza sem uso dende principios do 2000. Atópase nunha ladeira da parte mais moderna do lugar.

Cultura popular editar

Hai un refrán que predí o tempo que vai facer ao día seguinte: "Rubio cara ao mar, vellos a solar, rubio cara a Ribeira, vellos na paneira".

No segundo disco do grupo Leilía, I é verdade i é mentira (1998), aparece a peza "Palabra de casamento", recollida nesta aldea.[5]

Camiño de Santiago​ editar

A sexta etapa do Camiño Miñoto Ribeiro[6], discorre polos montes das Ventelas.​

Patrimonio natural editar

Hai unha gran variedade de fauna nos montes que rodean á aldea, mas no mesmo lugar non é estraño ver ou escoitar diferentes especies de aves, nocturnas ou diúrnas. A avifauna é variada, e habitualmente escóitase o gaio, o corvo, o pico verde, o cuco, o estorniño, a lavandeira branca, a avenoiteira, a avelaiona, os miñatos... Tamén hai mamíferos como corzos, cabalos e vacas bravas, xabarís, raposos ou teixugos. Entre os anfibios e réptiles están as píntegas, a víbora seoane, o lagarto das silvas...

Entre a fauna, hai árbores como carballos, acivros, loureiros, bidueiros, castiñeiros. Arbustos coma os toxos. Entre as flores pódese ver xacinto silvestre, tollemerendas...

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Lebozán editar

Lugares da parroquia de Lebozán no concello de Beariz (Ourense)

As Antas | Arnelas | A Ermida | Lebozán | Os Liñares | As Ventelas


Parroquias de Beariz editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Beariz

Beariz (Santa María) | Lebozán (Santa Cruz) | Xirazga (San Salvador)

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar