A arxentita (do latín argentum, que significa "prata"), tamén chamada arxirita, é un sulfuro de fórmula Ag2S. Se é pura contén un 87,1% de prata. A acantita é unha pseudomorfa da arxentita, que se forma a unha temperatura inferior de 179 °C.

Arxentita
Fórmula químicaAg2S
ClaseSulfuro
Sistema cristalinoRegular
CorDe gris a negra
BrilloMetálico en fracturas recentes, opaco en superficies avelladas
Dureza2 - 2,5 (escala de Mohs)
FracturaSubconcoidea
ExfoliaciónImperfecta
RaiaNegra brillante
Densidade7,2-7,4 g/cm³
Molécula de arxentita.

Aspecto editar

A arxentita preséntase en cristais hexaédricos e octoédricos; son escasos os cristais dodecaédricos. Con formas filiformes e arborescentes.

Depósitos editar

Preséntase en concentracións hidrotermais, de baixa temperatura, de sulfuros con outros minerais de prata. É abundante en Comstock Lode, Nevada.

Aplicacións editar

É unha das menas de prata máis importante.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar