Arturo Pérez-Reverte

Escritor e xornalista español

Arturo Pérez-Reverte Gutiérrez, nado en Cartaxena o 25 de novembro de 1951, é un novelista e periodista español. Ocupa a cadeira da letra "T" na Real Academia Española, cargo para o que foi elixido o 23 de xaneiro de 2003 e do que tomou posesión o 12 de xuño.[1]

Arturo Pérez-Reverte Gutiérrez
Nome completoArturo Pérez-Reverte Gutiérrez
Nacemento25 de novembro de 1951 (72 anos)
 Cartagena Murcia Rexión de Murcia
NacionalidadeEspaña
EtniaPobo español
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid, Colegio Marista La Sagrada Familia e IES Isaac Peral
Ocupacióncorrespondente de guerra, escritor, Editor-chefe, reporteiro, presentador de televisión e xornalista
FillosCarlota Pérez-Reverte
XénerosNarrativa, ensaio
Coñecido/a porThe Flanders Panel, La piel del tambor, The Club Dumas, Falcó, The Captain Alatriste, sen etiquetar, Eva e The King's Gold
Premiossilver Medal of the Community of Madrid, honorary doctorate of the Polytechnic University of Cartagena, Latino Book Awards, Don Quijote Journalism Prize, Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco, Cartagenero del Año, Grand Prix de Littérature Policière e CWA International Dagger
Na rede
http://www.perezreverte.com/
IMDB: nm0702416 Allocine: 78697 Allmovie: p222437
Facebook: perezreverte Twitter: perezreverte Dialnet: 4000777 Musicbrainz: 3141420b-f91e-49ca-b42d-61fd093cb60b Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Xornalismo, durante os tres primeiros anos da súa carreira cursou simultaneamente estudos de Ciencias Políticas. Exerceu como reporteiro de guerra durante 21 anos (1973-1994), primeiro formando parte de diario Pueblo, onde estivo doce anos, e logo para Televisión Española. En 1977 fundou co seu compañeiro Vicente Talón a revista Defensa, que saíu á venda en abril de 1978, e da que foi redactor xefe ata que os seus compromisos o obrigaron a deixar a editorial.

A principios dos anos 90 presentou na RNE o programa nocturno La Ley de la Calle, no que participaban personaxes de diversos ámbitos, e que foi clausurado polo director de RTVE Jordi García Candau. Entre 1993 e 1994 presentou, tamén en Televisión Española, o programa sobre a actualidade da crónica negra Código Uno, do que renegaría publicamente antes de presentar a súa dimisión. Tal como expuxo na súa obra Territorio Comanche despediuse da canle decepcionado pola falta de medios e pola politización da televisión.

Como correspondente de guerra cubriu conflitos armados en Chipre, Líbano, Eritrea, o Sáhara Occidental, as Illas Malvinas, O Salvador, Nicaragua, Chad, Libia, Sudán, Mozambique, Angola, o Golfo Pérsico, Croacia e Bosnia e Hercegovina entre outros.

Comezou a súa carreira de novelista en 1986 coa publicación de El maestro de esgrima, aínda que xa publicara con discreto éxito a novela curta El húsar. Dende 1991 é columnista no suplemento dominical El Semanal e en 1994 abandonou a súa profesión de reporteiro para dedicarse exclusivamente á literatura. As súas obras El maestro de esgrima, La tabla de Flandes e El club Dumas foron adaptadas ao cinema con grande éxito, esta última co título de The Ninth Gate, de Roman Polanski. En 2006 estreouse o filme Alatriste, baseado na súa colección de novelas de El capitán Alatriste, e en 2007 presentouse a película de La carta esférica.

Ingresou na Real Academia Español en xuño de 2003 para ocupar a cadeira da letra "T", vacante dende a morte do filólogo Manuel Alvar en 2001. O 18 de febreiro de 2004 foi investido como o primeiro doutor honoris causa da Universidade Politécnica de Cartaxena.

En maio de 2011, a Audiencia Provincial de Madrid condeou a Pérez-Reverte a pagar 80.000 euros ó cineasta Antonio González-Vigil, que demandou o novelista por plaxiar o guión da película Gitano, estreada no ano 2000. Pérez-Reverte, en desacordo con esta sentenza, recorreu ó Tribunal Supremo, que terá que decidir sobre este tema.

É coñecido o seu posicionamento contrario a calquera tipo de nacionalismo.[2][3][4] É amigo de Manuel Rivas, Pedro Feijoo e declarouse fan de Castelao.[5]

Literatura editar

Viaxeiro, bibliófilo, navegante e estudoso da lendaria tradición heroica española, Pérez-Reverte comezou escribindo éxitos de vendas culturalistas, como La Tabla de Flandes, e xogou coa novela histórica e o suspense en obras como El maestro de esgrima ou El club Dumas. Porén, a súa amarga experiencia como reporteiro de guerra foise reflectindo paseniño na súa obra a partir de Territorio Comanche, expresándose a través de temas como a canseira do heroe, a aventura, a amizade, a viaxe como perigo, a morte como última viaxe, e a cultura e a memoria como única salvación que permite comprender a realidade, soportar a dor e coñecer a identidade da persoa e do mundo. A visión que o escritor ten da existencia en xeral é sombría. Aborrece o humanismo cristián e cre que a filosofía pagá ten unha visión máis exacta e cruel do mundo.

Obra literaria editar

Narrativa editar

Colección "Las aventuras del capitán Alatriste" editar

Recompilacións de artigos de prensa editar

Outros editar

Adaptacións e guións cinematográficos editar

Premios e distincións editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar