Artur Tudor, nado o 20 de setembro de 1486 e finado o 2 de abril de 1502, foi Príncipe de Gales e o fillo máis vello e herdeiro de Henrique VII de Inglaterra e Isabel de York.

Infotaula de personaArtur Tudor

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1486 Editar o valor em Wikidata
Winchester Editar o valor em Wikidata
Morte2 de abril de 1502 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (15 anos)
Castelo de Ludlow (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Sudor anglicus (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCatedral de Worcester (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDucado de Cornualla (1486 (Gregoriano)–1502 (Gregoriano)) Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Tudor Editar o valor em Wikidata
CónxuxeCatarina de Aragón (1501 (Gregoriano)–1502)
PaisHenrique VII de Inglaterra Editar o valor em Wikidata  e Isabel de Iorque (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMargarida Tudor (pt) Traducir, Maria Tudor, rainha de França (pt) Traducir, Katherine Tudor (pt) Traducir, Isabel Tudor (pt) Traducir, Edmundo Tudor, Duque de Somerset (pt) Traducir, Henrique VIII de Inglaterra e Edward Tudor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Tudor-69 Find a Grave: 6894 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Henrique VII deu a seu fillo o nome de Artur en homenaxe ao heroe da lenda arturiana, en parte como símbolo das súas esperanzas nun renacemento da grandeza inglesa, e en parte para reafirmar as relacións da dinastía Tudor con Gales. Un ano antes do seu nacemento publicárase Le Morte d'Arthur ou A Morte de Artur en galego, é a versión de Sir Thomas Malory sobre a historia do Rei Artur e os Cabaleiros da Táboa Redonda baseada en varias lendas inglesas e francesas e que tivo unha gran repercusión.

Duque de Cornualla dende o nacemento, investido como Príncipe de Gales e Conde de Chester en 1489. Cando tiña dous anos acordouse o seu casamento con Catarina de Aragón. A cerimonia celebrouse en novembro de 1501, e os noivos pasaron a residir en Ludlow, na fronteira entre Inglaterra e Gales. Artur morreu na primavera do ano seguinte, sen descendencia. Os seus títulos, muller e posición de herdeiro da coroa herdounos o seu irmán máis novo, o futuro Henrique VIII de Inglaterra.