A artillería[1] ou artillaría[2] é a arma do exército que está a cargo de armas de fogo superiores ó calibre 20 con carga explosiva[Cómpre referencia]. Tamén se refire o conxunto de armas deseñadas para disparar prollectis de tamaño considerable. A palabra segundo se utiliza no contexto actual orixinouse na Idade Media, provén do francés antigo atellier (arranxar) e attillement (equipamento). A partir do século XIII un artillier referiase a un construtor de calquera equipamento de guerra e nos seguintes 250 anos a palabra artillaría cubriu todas as formas de armas militares. Propiamente a artillaría nace coa aparición da pólvora. Na Europa do século XIV hai varias referencias ó uso de pezas artilleiras primitivas en Al-Andalus e en Inglaterra, consistían nunha especie de potes de ferro que disparaban croios e frechas de gran tamaño. Na batalla de Crezy (1346) sábese dun canón que disparaba croios.

Peza de artillería en Nova Guinea.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para artillería.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para artillaría.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar