Arthur Uther Pendragon

Neodruida inglés

Arthur Uther Pendragon, nado como John Timothy Rothwell o 5 de abril de 1954,[1] é un activista ecoloxista, líder neodruída moi coñecido nos medios de comunicación xa que se autoproclama como reencarnación do Rei Artur.[2]

Infotaula de personaArthur Uther Pendragon

Arthur Pendragon en Stonehenge no 2010.
Biografía
Nacemento5 de abril de 1954 (70 anos)
Wakefield, Yorkshire, Inglaterra Inglaterra
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónDruída
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webwarband.org.uk Editar o valor em Wikidata
Twitter: DruidKingArthur Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pendragon naceu no seo dunha familia de clase obreira e seu pai era sarxento do exército británico, onde se alistou el tamén ata que se lesionou nun salto de paracaídas, debido a seu gusto polas motos rematou sendo xefe dunha banda de moteiros (coñecida como os sepultureiros) e nos 80 mudou o seu nome polo do nome do rei Artur (conformado mediante o nome Artur seguido do nome do pai do rei Artur, Uther Pendragon, como seus apelidos) sendo coroado a finais dos 90 como rei druída polos representantes doutras cinco ordes neodruídas.

Activismo editar

Arthur Uther Pendragon comezou a ser coñecido en todo o Reino Unido debido ás súas protestas ante o monumento de Stonehenge para que o goberno abrise o lugar ao público nas datas dos solsticios[3] e equinoccios mediante campañas de presión, acampadas de protesta etc conseguindo que Patrimonio abrise o monumento en 1999. En 2011 encetou unha batalla legal para que os restos humanos de enterramentos prehistóricos do lugar fosen soterrados en canto rematasen as investigacións sobre eles e que non se exhibisen no centro de visitas, foi detido máis de 30 veces por defender os seus propios puntos de vista fronte á burocracia estatal conseguindo que lle permitiran vestir no cárcere preventivo a súa túnica neodruída ao negarse a vestir o uniforme da cadea.

Carreira política editar

Presentouse no 2010 como candidato independente polo concello de Salisbury,[4][5] repetindo de novo en 2015[6], 2017[7] e 2019.

Notas editar

  1. Pendragon & Stone 2003, p. 6.
  2. Pendragon & Stone 2003, pp. 38–39.
  3. Pendragon & Stone 2003, p. 108.
  4. Mayall, Roy (27 de abril de 2010). The Guardian, ed. "All hail Salisbury's King Arthur". 
  5. BBC News, ed. (26 de abril de 2010). "Minute Manifesto: King Arthur Pendragon (Independent)". 
  6. Merrill, Jamie (22 de marzo de 2015). The Independent, ed. "Election 2015: Meet the top 12 wacky candidates seeking your vote in May". 
  7. Salisbury Journal, ed. (11 de maio de 2017). "General Election 2017 Meet the Six Salisbury Candidates". 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Pendragon, Arthur Uther; Stone, C. J. (2012). The Trials of Arthur: Revised Edition. Thorsons. ISBN 978-0956416315.