Arthur Compton

físico estadounidense

Arthur Holly Compton, nado en Wooster (Ohio) o 10 de setembro de 1892 e finado en Berkeley (California) o 15 de marzo de 1962, foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física en 1927.

Infotaula de personaArthur Holly Compton Premio Nobel de Física

Arthur Compton en 1927
Biografía
Nacemento(en) Arthur Holly Compton Editar o valor em Wikidata
10 de setembro de 1892
Wooster, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte15 de marzo de 1962 (69 anos)
Berkeley (California)
Causa da morteHemorraxia cerebral Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaWooster Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro do consello directivo
14 de marzo de 1957 – 15 de marzo de 1962
Membro do consello directivo Instituto Smithsoniano
20 de xuño de 1938 – 20 de setembro de 1956 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaArthur H. Compton House (en) Traducir (década de 1920–1945) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidade estadounidense
EducaciónUniversidade de Princeton
Wooster College
Director de teseOwen Willans Richardson e Hereward Lester Cooke (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica
Ocupaciónfísico , físico teórico , profesor universitario , científico nuclear Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago
Universidade Washington em St. Louis (pt) Traducir
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresOwen Willans Richardson Editar o valor em Wikidata
AlumnosWinston H. Bostick (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
1939Proxecto Manhattan
19275th Solvay Conference on Physics (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoLuis Walter Álvarez, Winston H. Bostick (pt) Traducir, Piara Singh Gill (pt) Traducir, Robert S. Shankland (pt) Traducir, Darol Froman (pt) Traducir e Francis Rudolph Shonka (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeBetty Charity McCloskey (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsKarl Taylor Compton (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Física en 1927
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Compton-1696 Find a Grave: 22551 Editar o valor em Wikidata
Arthur Compton en 1929.

Traxectoria editar

 
Conferencia Solvay de 1927. Podemos observar a Arhtur Holly Compton o cuarto da segunda fila comezando pola dereita, sentado xusto detrás de Albert Einstein

Compton naceu en Wooster (Ohio) e estudou no Wooster College e na Universidade de Princeton. En 1923 foi profesor de física na Universidade de Chicago. Durante a súa estancia nesta universidade, Compton dirixiu o laboratorio no que se produciu a primeira reacción nuclear en cadea, o que provocou que tivese un papel relevante no Proxecto Manhattan, a investigación que desenvolveu a primeira bomba atómica.

Desde 1945 ata 1953 Compton foi reitor da Universidade de Washington e logo de 1954 foi catedrático de Filosofía Natural.

Investigacións científicas editar

Os seus estudos dos raios X leváronlle a descubrir en 1922 o denominado efecto Compton. O efecto Compton é o cambio de lonxitude de onda da radiación electromagnética de alta enerxía ao ser difundida polos electróns. O descubrimento deste efecto confirmou que a radiación electromagnética ten propiedades tanto de onda como de partículas, un principio central da teoría cuántica.

Polo seu descubrimento do efecto Compton e pola súa investigación dos raios cósmicos e da reflexión, a polarización e os espectros dos raios X compartiu o Premio Nobel de Física de 1927 co físico británico Charles Wilson.

Recoñecementos editar

Na súa honra, así como no do seu irmán Karl Taylor Compton, bautizouse ao cráter "Compton" da Lúa así como o asteroide "(52337) Compton", descuberto o 2 de setembro de 1992 por Freimut Börngen e Lutz D. Schmadel.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar