Arsenio Martínez-Campos Antón

Militar e político español


Arsenio Martínez-Campos Antón, nado en Segovia o 14 de decembro de 1831 e finado en Zarautz o 23 de setembro de 1900, foi un militar español. En 1874 proclamou un pronunciamento en contra da Primeira República Española, iniciando a restauración borbónica. Foi máis tarde Capitán Xeneral de Cuba e Presidente do Goberno Español en 1879.

Infotaula de personaArsenio Martínez-Campos Antón

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Arsenio Martínez-Campos Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1831 Editar o valor em Wikidata
Segovia, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 1900 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Zarautz, España Editar o valor em Wikidata
Governor and Captain General of Cuba (en) Traducir
abril de 1895 – xaneiro de 1896
← Emilio Calleja (en) TraducirSabás Marín y González (en) Traducir →
Captain General of Catalonia (en) Traducir
9 de marzo de 1893 – 29 de novembro de 1893
← Ramón Blanco y Erenas (pt) TraducirValeriano Weyler (pt) Traducir →
Captain General of Catalonia (en) Traducir
23 de xullo de 1890 – 14 de novembro de 1890
← Ramón Blanco y Erenas (pt) TraducirRamón Blanco y Erenas (pt) Traducir →
Ministro de Mariña de España
9 de xaneiro de 1883 – 13 de xaneiro de 1883
← Francisco de Paula Pavía y Pavía (pt) TraducirRafael Rodríguez Arias →
Ministro da Guerra
8 de febreiro de 1881 – 13 de outubro de 1883
← José Ignacio de Echavarría (en) TraducirJosé López Domínguez →
Senador de España
2 de xuño de 1879 – 27 de setembro de 1900
Presidente do Consello de Ministros
7 de marzo de 1879 – 9 de decembro de 1879
← Antonio Cánovas del CastilloAntonio Cánovas del Castillo →
Governor and Captain General of Cuba (en) Traducir
outubro de 1876 – febreiro de 1879
← Joaquín Jovellar Soler
Deputado no Congreso dos Deputados
25 de febreiro de 1876 – 6 de novembro de 1876 – Eduardo Castañón Albizua (en) Traducir →
Circunscrición electoral: Sagunto
Captain General of Catalonia (en) Traducir
31 de decembro de 1874 – 10 de outubro de 1876
← José López DomínguezRamón Blanco y Erenas (pt) Traducir →
Captain General of Catalonia (en) Traducir
5 de decembro de 1873 – 19 de xaneiro de 1874
← José Turón y Prats (pt) TraducirRafael de Izquierdo y Gutiérrez (en) Traducir →
General captain of Valencia (en) Traducir
18 de xullo de 1873 – 5 de decembro de 1873
← José García y Velarde (en) TraducirFrancisco de Paula Ceballos y Vargas (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , militar , xuíz Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador
Partido Liberal Fusionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra Hispano-Marroquina (pt) Traducir, Guerra dos Dez Anos, Terceira Guerra Carlista, Guerra de Independencia cubana e Battle of Peralejo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRamón Martínez Campos y Rivera (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMiguel Martínez-Campos y Antón (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesArsenio Martínez de Campos (pt) Traducir (neto) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi un militar de carreira que se formou na Escola do Estado Maior. En 1854 foi nomeado membro do Estado Maior español, do que máis tarde sería profesor. En 1860 foi destinado para África, nunha expedición conxunta con Francia e Inglaterra, acadando o grao de tenente coronel; tamén tomaría parte na campaña de 1862 en México so as ordes do xeneral Joan Prim.

En 1868 a raíña Isabel II foi destronada. Un ano despois Martínez-Campos será destinado para Cuba, onde acababa de comezar a Guerra dos Dez Anos. Regresa a España tres anos logo como brigadier por méritos de guerra. Unha vez na península, recibe o mando dunha brigada para combater os carlistas en Cataluña. En 1873, durante a Primeira República española, o presidente Nicolás Salmerón, noméao Capitán Xeneral de Valencia e encárgalle someter os cantóns de Almansa e de Valencia, cousa que consegue sen grandes dificultades, pero empregando toda a dureza posíbel; así a última cidade foi bombardeada e tomada a asalto.

O 2 de xaneiro de 1874 o xeneral Manuel Pavía disolveu as Cortes republicanas, aínda que a Primeira República sobreviviu case todo ese ano, dirixida por Serrano, estaba ferida xa de morte.

Mentres, Martínez-Campos, que estaba confinado en Mallorca, pasou a Castela, onde se dedicou a conspirar en favor da restauración da monarquía borbónica, a pesar da oposición de Antonio Cánovas del Castillo, que prefería chegar á mesma fin por vía parlamentaria. O 29 de decembro de 1874, o biografiado pronunciouse en Sagunto, a favor de Afonso de Borbón, fillo da exiliada Isabel II, precipitando a súa chegada ao trono como Afonso XII. Máis tarde será nomeado Capitán Xeneral de Cataluña, despois de derrotar os carlistas en Navarra e Cataluña (onde ocupou Olot e La Seu d'Urgell, en 1875). Na Restauración, foi destinado novamente para Cuba, en 1876, como Capitán Xeneral, asinando un tratado de paz en 1878, que outorga a Cuba maior autonomía.

Presidente do Goberno editar

Retornou a España e presidiu, en 1879, o goberno pero soamente baixo a tutela de Cánovas del Castillo. Forzado a deixar o partido Conservador, logo de propor a total liberación dos escravos en Cuba. Pasou entón para as filas liberais, converténdose en Ministro de Guerra no gabinete Sagasta. Fundaría nese cargo a Academia Militar General.

Últimos anos editar

En 1893, foi designado xeneral xefe do Exército de África, conseguindo cerrar un tratado de paz co Sultán magrebí en 1894. No mesmo ano de 1893, sufriu un atentado, do que puido saír ileso, en Barcelona, onde naquel momento estaba destinado como Capitán Xeneral de Cataluña. Dous anos máis tarde, retornou a Cuba, pero enfrontado á necesidade de endurecer as medidas contra os rebeldes, nesa época apoiados polos Estados Unidos de América, dimite do seu posto para volver para España, onde sería nomeado presidente do Tribunal Supremo de Guerra e Mariña, cargo que exercería até a súa morte en 1900.

Predecesor:
Antonio Cánovas del Castillo
Presidente do Goberno de España
1879
Sucesor:
Antonio Cánovas del Castillo