Chámase arroz branco o arroz moído desprovisto da gluma (casca), o farelo e o xerme. Este proceso realízase para evitar a degradación do arroz e alongar a súa vida útil. Tras el, os grans quedan puídos, con aspecto branco brillante.

Arroz branco.

A operación de puído elimina gran parte das súas calidades nutricionais. Unha dieta baseada en arroz branco non enriquecido pode causar enfermidades neurolóxicas como o beriberi, a causa dun déficit de tiamina (vitamina B1). O arroz branco adoita enriquecerse con residuos do tratamento anterior.

Nos Estados Unidos é obrigatorio reenriquecer o arroz branco con vitamina B1, B3 e ferro.

Desde o século XIX, o arroz integral e o salvaxe preséntanse como máis saudábeis. O farelo do arroz integral contén fibra e o xerme, vitaminas e minerais. Isto contrasta coa visión tradicional do arroz integral, que o asocia coa pobreza e a fame.

Véxase tamén editar