Arquitectura moderna

estilos de arquitectura desenvolvidos no século XX

A arquitectura moderna (non confundir con arquitectura modernista) é un termo moi amplo, e designa o conxunto de correntes ou estilos de arquitectura que se desenvolveron ó longo do século XX, e mesmo desde finais do XIX, en todo o mundo.

Ópera de Sidney, de Jørn Utzon (1973).

Terminoloxía editar

Desambiguación editar

O termo refírese aos edificios e arquitectos das décadas do modernism en inglés, que non tiña que ver co sentido do termo modernismo (vinculado ao Art Nouveau e o Arts and Crafts) na Península Ibérica, antes da segunda guerra mundial.

Orixe editar

O termo modernism que dá lugar a movemento moderno e arquitectura moderna ten a súa orixe orixinaria do nome do libro de Henry-Russel Hitchock e Philip Johnson no que se identificaba, categorizaba e expoñía baixo características comúns ao modernismo por todo o mundo. Como resultado, centrouse máis nos aspectos estilísticos do modernismo. Os principios básicos do estilo internacional xuntos constitúen unha parte do movemento moderno.[1]

Diversidade de termos editar

O movemento moderno ou estilo internacional non ten unha denominación homoxénea en todos os países e linguas. En moitos países úsase o termo «estilo internacional» que orixe na exposición organizada por Henry-Russell Hitchcock e Philip Johnson no Museum of Modern Art de Nova York en 1932 e no libro publicado por ambos O estilo internacional: arquitectura dende 1922. Un termo sinónimo é "Modern Movement", do libro Pioneers of Modern Movement from William Morris to Walter Gropius (1936), de Nikolaus Pevsner. Este último ten un significado máis amplo e incluiría, ademais do racionalismo ou estilo internacional, os movementos de vangarda das dúas primeiras décadas do século XX.

É un termo dado a unha serie de estilos arquitectónicos con características semellantes, principalmente a simplificación da forma e a eliminación da ornamentación, e que declinou aproximadamente no 1900. Preto dos anos corenta estes estilos consolidáranse e identificáranse coma o Estilo Internacional pasando a se converter no estilo dominante na arquitectura durante moitas décadas no século vinte.

As características e orixes exactos da arquitectura moderna conforman aínda hoxe un debate aberto.

Características principais editar

A arquitectura moderna caracterízase usualmente por:

  • rexeitamento dos estilos históricos coma fonte das formas arquitectónicas (historicismo),
  • adopción do principio de que os materiais e os requirimentos funcionais determinan o resultado,
  • rexeitamento da ornamentación,
  • simplificación das formas e eliminación dos "detalles innecesarios",
  • gusto pola estrutura expresada,
  • a forma segue á función.

 
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Notas editar

  1. Hitchcock, Henry Russell; Johnson, Philip (1997-02). The International Style (en inglés). W. W. Norton & Company. ISBN 978-0-393-31518-9. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar