Arquipélago de Zanzíbar

Zanzíbar é un arquipélago do océano Índico localizado na costa de Tanzania, no seu levante, formado por tres illas principais (Unguja, Pemba e Mafia) con numerosas outras illas.

Mapa co arquipélago de Zanzíbar

Xeografía editar

Atópase fronte á costa oriental de África, con tres illas principais, Unguja, Pemba e Mafia, acompañadas de varias illas máis miúdas, de illotes e arrecifes coralinos.

Unguja, erroneamente tamén chamada Zanzíbar, é a illa principal do arquipélago, situada no centro, separada de Tanzania polo canal de Zanzíbar e que ten a cidade máis grande do arquipélago: Zanzibar City. A illa de Pemba, separada de Tanzania pola canle de Pemba, é a illa principal da zona setentrional do arquipélago, mentres que a illa de Mafia, separada de Tanzania pola canle de Mafia, é a illa principal do sur.

As illas son pouco elevadas, sendo a altitude máxima do arquipélago de 130 metros en Koani, na illa de Unguja, e están rodeadas parcialmente por arrecifes de coral que forman lagoons. O seu litoral é en ocasións moi entrecortado, con moitas penínsulas e baías, que conforman moitos portos naturais.

Algunhas das outras illas máis grandes son:

Historia editar

As illas de Unguja e Pemba formanron durante séculos parte dunha entidade independente (sultanato de Zanzíbar e estado Zanzíbar), colonizada polo Reino Unido (protectorado de Zanzíbar) e incorporada finalmente en Tanzania (Goberno Revolucionario de Zanzíbar). A illa de Mafia sempre estivo integrada á Tanzania continental (África Oriental Alemá, protectorado de Tanganyika e Estado de Tanganica).

Zanzíbar foi o lugar dunha das guerras máis curtas da historia, que durou trinta e sete minutos, durante un enfrontamento entre os soldados británicos e os soldados da illa de Zanzíbar.

Na formación de Tanzania pola asociación dos estados de Tanganyika e Zanzíbar, o arquipélago quedou englobado baixo un mesmo país e dividido en seis rexións: Pemba Norte e Pemba Sur, na illa de Pemba; Unguja Central/Sur, Unguja Norte e Unguja Urbana/Oeste, na illa de Unguja. As seis rexións forman a entidade administrativa autónoma do Goberno Revolucionario de Zanzíbar, mentres que a illa de Mafia inclúese na Rexión de Pwani.

Demografía editar

 
Mapas de Pemba e Unguja

A maioría dos habitantes e das infraestruturas das illas de Unguja e Pemba atópanse no oeste das illas, xa que o coral impide a agricultura nas partes orientais. A cidade principal do arquipélago e capital do Goberno Revolucionario de Zanzíbar é a cidade de Zanzibar (Zanzibar City), situada na illa de Unguja, que no 2002 contaba cunha poboación metropolitana de 205.870 habitantes.

Clima editar

O arquipélago de Zanzíbar está suxeito a un clima ecuatorial caracterizado por dúas estacións de choivas: a máis importantes (masika) dura desde marzo até maio, e a outra, máis pequena (vuli) dáse a partir de mediados de outubro até decembro. Entre ambas hai unha estación seca, principalmente de xuño a outubro. O mes de febreiro é o máis cálido e o máis frío é agosto. As illas, a pesar de estar moi próximas ao ecuador, sálvanse do paso de ciclóns.

Agricultura editar

As principais culturas das illas de Unguja e de Pemba son o cravo de olor (no oeste das illas), o arroz e o coco (só en Unguja). O leste das illas é pouco propicio para a agricultura debido á presenza de solo coralino.

As industrias de transformación do cravo e do coco encóntranse en Unguja, na cidade de Zanzibar.

Véxase tamén editar