Arquipélago Chinijo

O arquipélago Chinijo é un arquipélago que se atopa no nordés das illas Canarias, fronte á costa norte da illa de Lanzarote. É un espazo natural protexido e constitúe a reserva mariña máis grande de Europa con 700 quilómetros cadrados.[1]

Vista aérea de Lanzarote e, ao fondo, as illas de La Graciosa, Montaña Clara e Alegranza.
Situación do Arquipélago Chinijo

Intégrano a illa de La Graciosa (a única habitada) e os illotes de Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste, todas pertencentes ao municipio de Teguise.

Toponimia editar

O termo chinijo significa "pequeno" e é propio do léxico de Lanzarote, onde principalmente se utiliza para referirse cariñosamente aos nenos. A denominación de chinijo para referirse ao arquipélago comeza a usarse ao redor de 1980 en mapas turísticos, ensaios divulgativos e outras publicacións.5 Con todo, non se popularizou na sociedade lanzaroteña, sendo común chamar ao arquipélago Los Islotes ("Os Illotes").

O termo islote en Lanzarote pode facer referencia a dous accidentes xeográficos: insular, referido ao arquipélago Chinijo e outros illotes da costa de Arrecife e de Tinajo, e volcánico, para pequenos espazos de terra cultivable que quedaron rodeados de roca volcánica.

Xeografía editar

Está situado sobre unha ampla plataforma submarina de menos de cen metros de profundidade, aínda que nalgúns puntos pode chegar a alcanzar os douscentos metros. Posúe unhas 19.270 hectáreas que pertencen ao municipio lanzaroteño de Teguise, na provincia das Palmas.

Conta cos espazos protexidos da Reserva Natural Integral dos Illotes e o Parque Natural do Arquipélago Chinijo. O parque tomou a súa condición de espazo protexido en 1986, e foi reclasificado e recoñecido como zona de especial protección para as aves en 1994.

Demografía editar

A única illa habitada do arquipélago Chinijo é La Graciosa, cunha poboación de 737 habitantes en 2019.

Notas editar

Véxase tamén editar