Arques-la-Bataille

comuna francesa

Arques-la-Bataille é unha comuna do departamento de Seine-Maritime, na rexión de Normandía, no noroeste de Francia.

Modelo:Xeografía políticaArques-la-Bataille
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 49°52′51″N 1°07′33″L / 49.8808, 1.1258Coordenadas: 49°52′51″N 1°07′33″L / 49.8808, 1.1258
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsNormandía
DepartamentoSeine-Maritime Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.480 (2021) Editar o valor em Wikidata (168,94 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921403 Traducir
Q3550996 Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie14,68 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal76880 Editar o valor em Wikidata

Páxina webville-arques-la-bataille.fr Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Arques está situada cerca da confluencia dos ríos Eaulne, Verenne e Béthune, a 6 km ao sueste de Dieppe.[1]

A unha altitude de entre os 2 e os 129 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 14,69 km2.[1]

Segundo o censo do 1 de xaneiro de 2017, tiña unha poboación de 2 583 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 180 hab./km2.

 
Vista aérea de Arques-la-Bataille

Demografía editar

Serie de poboación histórica de Arques-la-Bataille
(Fonte/s: INSEE)
Ano196219681975198219901999
Poboación2 7292 8072 6462 7342 5392 528

Historia editar

O centro da vila alberga un castelo que foi construído no século XI por Guillerme de Talou; o seu sobriño, Guillerme o Conquistador, considerándoo como unha ameaza para o seu poder, sitiouno e ocupouno. Tras cambiar de mans con frecuencia, pasou aopoder dos ingleses, que foron expulsados en 1449 tras unha ocupación de trinta anos. En 1589 o seu canón decidiu a batalla de Arques a favor do rei Henrique IV de Francia.[1]

Desde 1869 o castelo é propiedade estatal. A primeira liña de fortificación foi obra de Francisco I; a segunda liña e a torre remóntanse ao século XI.[1]

A igresxa de Arques, edificio do século XVI, conserva unha parede de pedra, estatuas, vidreiras e outros restos do Renacemento.[1]

Xusto nas aforas da cidade encóntrase o cemiterio da Commonwealth War Graves Commission da primeira guerra mundial, deseñado por J. R. Truelove, lugar onde repousan os cadáveres de 377 homes do South African Native Labour Corps.[1] [3]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Chisholm, Hugh, ed. (1911): "Arques-la-Bataille". Encyclopædia Britannica. 2 (11th ed.). Cambridge University Press. p. 642.
  2. Populations légales 2017. Commune d'Arques-la-Bataille. INSEE.
  3. "World War I and the South African Native Labour Contingent". South African History Online. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar