Arnuero é un concello costeiro da comunidade autónoma de Cantabria, que forma parte da histórica comarca de Trasmiera. Limita polo norte co mar Cantábrico, polo leste con Noja e Argoños, polo sur con Meruelo e Escalante, e polo oeste con Bareyo.

Modelo:Xeografía políticaArnuero
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°28′23″N 3°33′47″O / 43.473055555556, -3.5630555555556Coordenadas: 43°28′23″N 3°33′47″O / 43.473055555556, -3.5630555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor em Wikidata
CapitalArnuero (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.255 (2023) Editar o valor em Wikidata (91,44 hab./km²)
Xeografía
Superficie24,66 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor em Wikidata
Altitude24 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJose Manuel Igual Ortiz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39195 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE39006 Editar o valor em Wikidata

Páxina webayuntamientodearnuero.com Editar o valor em Wikidata

Localidades editar

Arnuero é tamén localidade do concello, e contaba no 2008 con 2 091 habitantes (INE). A localidade está situada a 43 quilómetros de Santander. En Arnuero atopamos a igrexa da Asunción, que posúe un retablo renacentista, e que foi declarada ben de interese cultural no ano 1993.

Economía editar

Até non hai moito tempo, a súa base económica era a gandaría e a agricultura. Nos últimos anos, a economía foise decantando polo turismo. Un 8,7 % da poboación do concello emprégase no sector primario, un 15,5 % na construción, un 20,9 % na industria e un 54,9 % no sector servizos.

Patrimonio editar

Ten catro praias e é un lugar turístico importante da rexión. Ten como atractivo os seus areais, a súa gastronomía (baseada en produtos hortícolas cultivados nas súas terras) e os seus peixes e mariscos.

Dentro do seu patrimonio, destacan varios bens de interese cultural con categoría de monumento:

  • En Isla atópase o palacio dos Condes de Isla-Fernández, a torre de Cabrahigo, a torre medieval e a igrexa de San Xulián e Santa Basilisa.
  • En Castillo Siete Villas está a torre de Venero.
  • Na capital municipal está a igrexa da Nosa Señora da Asunción, do século XVI, que provén dun mosteiro medieval fundado polos visigodos arredor do ano 650; e o muíño de Castellanos.

Ademais, están protexidos o centro histórico de Isla como lugar ou ruta cultural, e o Hospital de Peregrinos, tamén de Isla, que é ben inventariado.

Demografía editar

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2005
1.565 1.664 2.007 1.974 2.117 2.103 2.151 1.937 1.802 1.848 1.783 1.956

Fonte: INE

Administración editar

Debido ao aumento demográfico, no 2007 a corporación municipal pasou de ter 9 edís a ter 11. Nas seguintes táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003, 2007 e 2015.[1]

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 988 71,65 % 7
PSOE 198 14,36 % 1
PRC 165 11,97 % 1
  • Alcalde electo: José Manuel Igual Ortiz (PP).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PP 963 64,11 % 8
PRC 224 14,91 % 2
PSOE 187 12,45 % 1
  • Alcalde electo: José Manuel Igual Ortiz (PP).
Eleccións municipais, 24 de maio de 2015
Partido Votos % Concelleiros
PP 1.002 73,3 % 8
PRC 226 16,5 % 2
PSOE 114 8,3 % 1
  • Alcalde electo: José Manuel Igual Ortiz (PP).

Festas editar

 
Isla.
  • "La Cruz del Cincho": Consiste na colocación cada 50 anos dunha cruz sobre o cumio do Cincho. Esta tradición remóntase ao ano 1763 e a última vez que se celebrou foi no 2000.
  • Semana Santa: Na vila de Soano é tradición facer celebracións dende o venres Santo até o luns de Pascua.
  • San Isidro, o 15 de maio
  • Día da Rexión, primeiro domingo do mes de xuño, dedicada ao folclore de Cantabria.
  • San Pedro, o 29 de xuño, en Castillo Siete Villas.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar