Arnaldo Otegi

político español

Arnaldo Otegi Mondragon, nado en Elgoibar o 6 de xullo de 1958, é un político vasco de ideoloxía marxista e independentista vasca. Foi voceiro de Batasuna e parlamentario vasco de Herri Batasuna e Euskal Herritarrok, as tres declaradas ilegais en España en 2003 por ser consideradas baixo tutela de Euskadi Ta Askatasuna.[1] Foi tamén militante da desaparecida organización armada ETA político-militar.[2]

Arnaldo Otegi
Datos persoais
Nacemento6 de xullo de 1958
 Elgoibar
OrganizaciónHerri Batasuna
Euskal Herritarrok
Batasuna
Alma máterZorroagako filosofia fakultatea e Universidad Nacional de Educación a Distancia
ProfesiónPolítico
Na rede
IMDB: nm1574467 Twitter: arnaldootegi Instagram: a.otegi Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Foi condenado a seis anos e medio de cárcere por pertenza a organización terrorista no chamado «caso Bateragune».[3] No 2013, estando en prisión, foi elixido secretario xeral de Sortu. O 1 de marzo de 2016, foi posto en liberdade logo de cumprir a súa condena íntegra.[4]

Biografía editar

Arnaldo Otegi naceu na localidade guipuscoana de Elgoibar. É licenciado en Filosofía e Letras. Está casado con Julia Arregi Gorrotxategi, coa cal ten unha filla, Garazi, e un fillo, Hodei.

Notas editar

  1. Sentencia de ilegalización de Batasuna, Herri Batasuna y Euskal Herritarrok Arquivado 12 de outubro de 2006 en Wayback Machine., 27 de marzo de 2003.
  2. Gaizka Fernández Soldevilla, «Agur a las armas. EIA, Euskadiko Ezkerra y la disolución de ETA político-militar (1976-1985)», en Sancho el Sabio. Revista de cultura e investigación vasca, ISSN 1131-5350, núm. 33, 2010, pág. 92.
  3. El Supremo rebaja a seis años y medio la condena a Otegi, Público, 9 de maio de 2012.
  4. Lecumberri, Joaquín (29 de febreiro de 2016). "Otegi, fin a seis años y medio de condena polémica". La Vanguardia. Consultado o 1 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.