Armenio occidental

unha das dúas formas estandarizadas do armenio moderno

O armenio occidental (en ortografía clásica: արեւմտահայերէն, arevmdahayerên)[2] é unha das dúas formas estandarizadas do armenio moderno, sendo a outra o armenio oriental. Até comezos do século XX, varios dialectos do armenio occidental eran falados no Imperio Otomán, especialmente nas rexión orientais do imperio, poboadas historicamente por armenios e coñecida como Armenia Occidental. As falas ou variedades dialectais do armenio occidental actualmente en uso inclúen o "homshetsi", falado polos hemshin;[3] os dialectos dos armenios de Kessab, Latakia e Jisr al-Shughur de Siria, os de Anjar do Líbano, e os de Vakıflı, de Turquía (parte do dialecto "sueidia").

Armenio occidental
արեւմտահայերէն
Outros nomes:arevmdahayerên
Falado en: Armenia, o Líbano, Turquía e Siria
Total de falantes: 1,4 millóns (2001–2016)
Familia: Indoeuropea
 Armenio
  Armenio occidental
Escrita: Alfabeto armenio (na ortografía clásica)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: hyw
Mapa
Status

O armenio occidental está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Pronunciado arevmtahayeren en armenio oriental e escrito արևմտահայերեն na ortografía reformada.
  3. Victor A. Friedman (2009). "Sociolinguistics in the Caucasus". En Ball, Martin J. The Routledge Handbook of Sociolinguistics Around the World: A Handbook. Routledge. p. 128. ISBN 978-0415422789. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar