Armas falantes[1] é unha expresión empregada en heráldica para facer referencia ás composicións, escudos de armas e brasóns, que incorporan unha figura ou peza cuxa denominación alude ao apelido da liñaxe ou ao topónimo do que se representa, interpretando graficamente o nome.[2]

Existen dúas categorías de armas falantes:

  • As físicas: o nome da figura ou peza é o mesmo que o do titular das armas.
  • As abstractas: o nome da figura ou peza ten unicamente unha relación proverbial ou enigmática coa do titular.

Tamén se denominan armas contrafalantes aos brasóns que no canto de aludir ao nome directo do titular, ofrecen unha imaxe ou ideal contraditorio.


Notas editar

  1. Definición de Armas falantes no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. "Heráldica - Canting". herladica.org (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Nicolas Viton de Saint-Allais (1773-1842). Dictionnaire encyclopédique de la noblesse de France. París, 1816.