Armando Manzanero

músico, actor e compositor mexicano

Armando Manzanero, nado en Mérida (México) o 7 de decembro de 1935 e finado na Cidade de México o 28 de decembro de 2020,[1] foi un músico, actor e compositor mexicano.

Infotaula de personaArmando Manzanero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Armando Manzanero Canché Editar o valor em Wikidata
7 de decembro de 1935 Editar o valor em Wikidata
Ticul, México (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte28 de decembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (COVID-19 Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , produtor musical , cantautor , actor , cantante , pianista , músico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata - 2020 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica de América Latina, balada (pt) Traducir e bolero Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano, voz e Acordeón Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoRCA Records
RCA Victor Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0544404 Instagram: armandomanzaoficial Spotify: 5lODCkFdEtpPn3YxfmyLfT iTunes: 88986 Last fm: Armando+Manzanero Musicbrainz: 3d7f753f-b261-4efc-9785-25c14204c0b1 Songkick: 3287 Discogs: 710867 Allmusic: mn0000928548 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Aos 8 anos iniciou estudos de música na escola de Belas Artes da súa cidade natal, e logo completou a súa formación musical na Cidade de México. En 1950 compuxo a súa primeira melodía titulada "Nunca en el mundo" e ao ano seguinte iniciou a súa actividade profesional como pianista. Seis anos máis tarde (1957) comezou a traballar como director musical da filial mexicana da compañía discográfica CBS Internacional. Pouco despois converteuse no pianista acompañante de artistas como Pedro Vargas, Lucho Gatica e Raphael.

En 1962 obtivo o quinto lugar no Festival da Canción en México. En 1965 gañou o primeiro lugar do Festival da Canción en Miami co tema Cuando estoy contigo. En 1967, animado por un executivo da filial mexicana do selo RCA Victor, gravou o seu primeiro disco con cancións de seu, todas elas de xénero romántico.

As súas cancións foron interpretadas por cantantes como Frank Sinatra, Tony Bennett, Elvis Presley, Frank Pourcel, Paul Mauriat, Ray Conniff, Manoella Torres, Marco Antonio Muñiz, Edith Márquez, Raphael, Moncho, José José, El Tri, Andrea Bocelli, Andrés Calamaro, Christina Aguilera, Pasión Vega e Luis Miguel.

En 1978 obtivo o primeiro lugar do Festival de Mallorca co tema Señor amor. Outras cancións coñecidas del son Voy a apagar la luz, Contigo aprendí, Adoro, Esta tarde vi llover, Por debajo de la mesa, Somos novios ou Felicidad. En 1993 a revista Billboard outorgoulle o Premio á Excelencia pola súa traxectoria artística.

Nos anos setenta perdeu un xuízo nos Estados Unidos por plaxio por causa da súa canción It's Impossible.[Cómpre referencia]

Discografía editar

  • 1959: Mi primera grabación
  • 1967: A mi amor... Con mi amor
  • 1967: Manzanero el Grande
  • 1968: Somos novios
  • 1968: Armando Manzanero, su piano y su música
  • 1969: Para mi siempre amor
  • N/A: Que bonito viven los enamorados
  • 1976: Lo mejor de Armando Manzanero
  • 1977: Fanático de ti
  • 1977: Corazón salvaje
  • 1979: Ternura y romance
  • 1981: Mi trato contigo
  • 1982: Otra vez romántico
  • 1985: Armando Manzanero
  • 1987: Cariñosamente, Manzanero
  • 1988: Mientras existas tú
  • 1992: Las canciones que quise escribir
  • 1993: Entre amigos
  • 1995: El piano... Manzanero y sus amigos
  • 1996: Nada Personal
  • 1998: Manzanero y la libertad
  • 2001: Duetos
  • 2002: Duetos 2
  • 2002: Lo mejor de lo mejor
  • 2005: Lo esencial

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar