Aritmética modular

En matemáticas, e máis concretamente en teoría de números alxébricos, a aritmética modular é un conxunto de métodos que permiten a resolución de problemas sobre os números enteiros. Estes métodos xorden do estudo do residuo obtido por unha división.

Cuberta da edición orixinal de Disquisitiones arithmeticae de Gauss, libro fundador da aritmética modular.

A idea de base da aritmética modular é de traballar non sobre os números mesmos, senón sobre os residuos da súa división por algunha cousa. Cando se fai, por exemplo, a proba do nove, efectúase unha operación de aritmética modular sen sabelo: o divisor é o valor 9.

Malia que as súas orixes se remontan á antigüidade, xeralmente, os historiadores asocian o seu nacemento co ano 1801, data da publicación do libro Disquisitiones arithmeticae[1] de Carl Friedrich Gauss (1777 - 1855). O seu novo enfoque permite elucidar célebres conxecturas[2] e simplifica as demostracións de importantes resultados[3] grazas a unha maior abstracción. Se ben o eido natural destes métodos é a teoría dos números, as consecuencias das ideas de Gauss atópase tamén noutros campos das matemáticas, como a álxebra ou a xeometría.

Notas editar

  1. Carl Friedrich Gauss. Recherches arithmétiques, 1801 Tradución ó francés de M. Poullet-Delisle Éd. Courcier 1807
  2. Por exemplo a lei de reciprocidade cuadrática na páxina 96, ou a construción con regra e compás do heptadecágono nas páxinas 429-489 de Recherches arithmétiques
  3. Pódese citar o teorema de Wilson (p. 56), ou o pequeno teorema de Fermat (p. 50) de Recherches arithmétiques