Aristarco de Samotracia

Aristarco de Samotracia (en grego Ἀρίσταρχος Arístrakhos), nado en Samotracia sobre o -216 e finado en Chipre sobre o -144, foi un gramático e filólogo da escola alexandrina.

Infotaula de personaAristarco de Samotracia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento217 a. C. Editar o valor em Wikidata
Samotracia - Σαμοθράκη, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morte144 a. C. Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Illa de Chipre Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata
Head of the Library of Alexandria (en) Traducir

← Aristófanes de Bizancio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , bibliotecario , crítico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBiblioteca de Alexandría Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAristófanes de Bizancio Editar o valor em Wikidata
AlumnosApolodoro de Atenas, Dionisio Tracio, Parmeniscus (en) Traducir e Menecrates of Nysa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Converteuse en cidadán alexandrino, e na cidade exipcia viviu durante o reinado de Tolomeo VI Filométor. Sucedeu ao seu mestre Aristófanes de Bizancio como director da Biblioteca de Alexandría. Foi titor dos infantes da familia real, pero tras asasinar o seu discípulo Tolomeo VIII Evergetes a Tolomeo VII tivo que fuxir a Chipre, onde morreu pouco despois. Segundo Suídas, tiña un carácter adusto e unha aparencia descoidada; só había un poeta entre os seus corenta alumnos, Mosco de Siracusa. Todos estes filólogos tiveron que fuxir tamén ante a persecución desatada por Tolomeo VIII. Segundo a tradición, deixouse morrer de fame en Chipre, por mor de padecer un edema incurábel. O seu nome chegou a facerse proverbial como antonomasia do crítico severo.

Obra editar

Débese a Aristarco a primeira edición crítica historicamente relevante dos poemas homéricos, continuando neste labor os traballos dos seus predecesores Zenódoto de Éfeso e Aristófanes de Bizancio; quixo restablecer un texto orixinal sen engadidos helenístics. Para iso creou o primeiro conxunto filolóxico de signos (aparello crítico) para sinalar as lecturas dubidosas e as interpolacións:

  • o óbelo (†) para sinalar os versos considerados como de lectura dubidosa, corrupta ou pouco fiábel.
  • o antilambda (>), para sinalar unha nota crítica que expresa un desacordo con Zenódoto.
  • o antisigma para sinalar un verso desprazado.
  • o asterisco (*) para sinalar repeticións ociosas.

Tamén elaborou os primeiros comentarios continuos dos mesmos, abandonando o carácter solto e puntual dos escoliastas anteriores que prevalecera ata entón. Compuxo ademais monografías soltas, algunhas sobre Hesíodo; a Suda di que foron oitocentos estes opúsculos. Por outra banda estableceu o chamado Canon alexandrino, unha serie de autores que poden considerarse puros e clásicos no uso da lingua grega e que xa que logo son dignos de estudo e ensino.

A súa escola crítica conservou influencia ata época romana grazas ao predicamento que lle deron os seus dispersos discípulos. En 1781 redescubriuse unha edición bizantina da Ilíada na Biblioteca de San Marcos de Venecia que levaba na marxe os escolios de catro discípulos seus: Signos críticos de Aristónico, notas Sobre a recensión de Aristarco de Dídimo, e extractos da Prosodia iliádica de Herodiano e do Tratado sobre a puntuación homérica de Nicanor. Esta edición, a Venetus Græcus 822, máis comunmente designada baixo o nome de Venetus A, permite reconstituír a achega de Aristarco ao estudo dos textos homéricos e relanzar a chamada Cuestión homérica.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Geoffrey S. Kirk, «Aristarchus and the scholia», en The Iliad: a Commentary, vol. I (cantos I-IV), Cambridge: Cambridge University Press, 2005 (1985) p. 38-43. ISBN 0-521-28171-7