Argimiro Marnotes Fernández

político galego

Argimiro Marnotes Fernández, nado no Carballiño en 1966,[1] é un político galego do PPdeG.

Argimiro Marnotes Fernández
Nacemento1966
Lugar de nacementoO Carballiño
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Coruña
Ocupaciónpolítico
PaiArgimiro Marnotes Rodríguez
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Argimiro Marnotes Rodríguez, que tamén foi alcalde do Carballiño, estudou Arquitectura Técnica na Universidade da Coruña. Dende 2003 foi concelleiro do PPdeG no Carballiño. En 2007 presentouse como candidato á Alcaldía, logrando cinco escanos. En 2009 foi elixido presidente do Consello de Administración de Xestur Ourense. Nas municipais de 2011 obtivo 9 concelleiros e a maioría absoluta, accedendo así á alcaldía. Nas municipais de 2015 baixou a 6 concelleiros, polo que perdeu a alcaldía.

En xullo de 2020 converteuse no novo presidente do Arenteiro.[2] Na súa primeira tempada á fronte do club, conseguiu o ascenso á nova Segunda División RFEF,[3] deixando entón a súa acta de concelleiro para centrarse no fútbol.[4]


Predecesor:
Carlos Alberto Montes Marqués
  
Alcalde do Carballiño
 
2011 - 2015
Sucesor:
Francisco Fumega Piñeiro

Notas editar

  1. Xosé Manoel Rodríguez (23 de marzo de 2014). "Argimiro Marnotes: «Non son máis que un convidado de pedra na operación Pokémon»". La Voz de Galicia. 
  2. "Argimiro Marnotes, novo presidente do CD Arenteiro". 3 de xullo de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  3. Cofán, David (28 de abril de 2021). "El Arenteiro logra el ascenso a Segunda RFEF con una exhibición histórica (5-0)". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  4. "Marnotes dimite como concejal en O Carballiño para centrarse en el Arenteiro". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 2021. Consultado o 2 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar