O arco formeiro[1] é un elemento arquitectónico curvo (arco), que discorre paralelo ao eixe lonxitudinal da nave; a súa función é soster os muros superiores de separación entre as naves dunha estrutura. Se o edificio é dunha soa nave, os arcos formeiros irán encaixados no muro, é dicir, serán arcada cega. Os arcos formeiros van de piar en piar coincidindo cos tramos da bóveda.

Arcos formeiros da igrexa do mosteiro de Santa María la Real de Sacramenia, Segovia.

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. "Dicionario visual da construción" (PDF). Consultado o 25 de xullo de 2016.