Arco de La Défense

O Gran Arco da Fraternidade (en francés: Grande Arche de la Fraternité), mellor coñecido como o Arco da Defensa ou sinxelamente Le Grande Arche é un monumento en París no distrito de La Défense; foi construído polo arquitecto dinamarqués Otto von Spreckelsen.

Historia editar

En 1982, o Establecemento público para a planificación da Défense (Établissement public pour l'aménagement de La Défense, EPAD) convocou un concurso internacional de arquitectura ao que se presentaron 424 arquitectos de todo o mundo. O futuro edificio converteríase nunha insignia no eixe histórico de París, como o edificio do Louvre ou o Arco do Triunfo. O xurado seleccionou catro proxectos e un logrou impoñerse pola súa forza, a súa sinxeleza e a súa pureza, que ademais mostrábase como a versión moderna do Arco do Triunfo. O autor dese proxecto era o ata entón descoñecido arquitecto Johann Otto Von Spreckelsen (1929-1987). Trala morte de Spreckelsen, o traballo foi completado polo seu socio, o arquitecto francés Paul Andreu. A construción correu por conta do grupo francés Bouygues. En xullo de 1989, bicentenario da revolución francesa, foi inaugurado cando estaba case rematado, cun gran desfile militar.

En 1999, o escalador urbano francés Alain Robert gabeou a parede exterior da estrutura empregando tan só os seus pés e mans, sen ningún dispositivo de seguridade.

Na película de 2004 Godzilla: Final Wars, é un dos monumentos parisienses destruídos polo insecto xigante Kamacuras.

O Grande Arche está lixeiramente inclinado (6,3º) con respecto ao eixe histórico de París. Segundo o seu construtor, para que se poida apreciar mellor a súa volumetría cúbica. Con todo, moito influíron as limitacións de espazo para plantar os seus alicerces, especialmente pola presenza da liña 1 de metro.

Cando se escolleu o proxecto, Spreckelsen estaba na casa, nunha illa sen ningún medio de comunicación. Foi necesario enviar un representante en bote para avisalo de que o seu proxecto fora seleccionado.

Construción editar

O cubo baleiro do Grande Arche ten 35 plantas. É un hipercubo case perfecto, con 108 metros de ancho, 110 metros de alto e 112 metros de profundidade. As súas 300.000 toneladas repousan en doce alicerces. Intercaladas entre os alicerces e a megaestrutura, atópanse placas de neopreno que absorben as vibracións e os cambios de dimensión. As vigas de formigón pretensado son de 70 metros e soportan o teito dunha hectárea. Colocáronse a 110 metros de altura cunha precisión milimétrica.

As caras exteriores están cubertas de 2.800 paneis de vidro opaco de 5 cm de grosor, pensadas especialmente para previr deformacións ópticas e resistir poderosos ventos. As caras interiores foron cubertas de mármore branco de Carrara e granito gris.

O Arco da defensa está situado nunha perfecta aliñación co Arco do Triunfo e o Arco do Triunfo do Carrusel, dende o Xardín das Tullerías, xunto ao Museo do Louvre, pódese ver dende o interior do Arco do Carrusel, o Arco do Triunfo e o Arco da Défense, os Campos Elisios e a Praza da Concordia.

O interior do arco editar

A parte máis alta da construción contén un centro de conferencia e de exposición, un museo de informática, e tamén un punto panorámico do distrito da Défense e o oeste de París.

Estas instalacións atópanse abertas ao público e son accesibles por elevadores de vidro que se atopan na parte baleira do arco.

As dúas paredes albergan oficinas gobernamentais.

 
Arco da defensa
 
Arco do Triunfo
 
Arco do Carrusel

Acceso editar

Atópase preto da estación de metro "La Défense - Grande Arche".

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar