Archibald Vivian Hill
Archibald Vivian Hill, nado en Bristol o 26 de setembro de 1886 e finado en Cambridge o 3 de xuño de 1977, foi un fisiólogo e matemático británico.
Traxectoria editar
Estudou no Trinity College de Cambridge, de onde posteriormente foi profesor entre 1910 e 1916), así como do King's College entre 1916 e 1925. En 1923 sucedeu a Ernest Starling na cátedra Brackenbury de fisioloxía do University College de Londres, posto que mantivo até o seu retiro en 1951. Continuou investigando activamente até 1966.
Desde 1926 foi profesor da Royal Society, e desde 1935 secretario da mesma. Foi membro do comité executivo do National Physical Laboratory. Durante a segunda guerra mundial formou parte dunha comisión científica asesora do goberno. Desde 1935 estivo a traballar con Patrick Blackett e Sir Henry Tizard nun comité que deu lugar ao nacemento do radar.
Recolleu parte das súas investigacións no libro Living Machinery (1927).
Foi galardoado en 1922 co Premio Nobel de Medicina polo seu labor de investigación sobre a termodinámica dos músculos, premio compartido con Otto Fritz Meyerhof.