O eón Arcaico (do grego Αρχή Archē, "orixe"), antes chamado Arqueozoico, é un eón xeolóxico na historia da Terra situado entre o Hadeico e o Proterozoico. Comprende entre 3.800 e 2.500 millóns de anos antes do presente. Estas datas, a pesar de estar baseadas na estratigrafía, non están plenamente recoñecidas pola Comisión Internacional de Estratigrafía.

A Terra Arcaica editar

No principio do Arcaico, a calor interna da Terra era preto de 3 veces maior que na actualidade, e aínda dúas veces maior que a principio do Proterozoico (2.500 millóns de anos). A calor era a remanente do proceso de *acrección planetaria, parcialmente procedente da calor de formación do núcleo interno formado por ferro, e parcialmente procedente da calor radioactiva pola curta vida de átomos radioactivos como o uranio-235.

A maioría das rochas arcaicas que podemos observar na actualidade son metamórficas e ígneas. A actividade volcánica era considerablemente maior que a actual, con numerosos hot spots, rift valleys e erupcións de lavas, incluíndo tipos infrecuentes como komatitas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.