Arcadia (utopía)

Arcadia (do grego: Ἀρκαδία) era unha rexión da antiga Grecia, no territorio parcialmente coincidente coa actual unidade periférica de Arcadia. Co tempo, converteuse no nome dun país imaxinario, creado e descrito por diversos poetas e artistas, sobre todo do Renacemento e o Romanticismo. Neste lugar imaxinado reina a felicidade, a sinxeleza e a paz nun ambiente idílico habitado por unha poboación de pastores que vive en comuñón coa natureza, como na lenda do bo salvaxe. Neste sentido posúe case as mesmas connotacións que o concepto de Utopía ou o da Idade de ouro.

Representación de Arcadia, do pintor romántico Friedrich August von Kaulbach.

O tema participa nos mitos da Grecia antiga e era mencionado nos contos populares e nos discursos dalgúns sabios como exemplo de vida.

Entre os artistas occidentais que tocaron o tema de Arcadia nas súas obras atópanse Jacopo Sannazaro, Miguel de Cervantes, Lope de Vega, sir Philip Sidney, Nicolas Poussin e Friedrich Schiller.[1]

Arcadia na antigüidade editar

Segundo a mitoloxía grega, Arcadia no Peloponeso era un territorio propiedade de Pan, unha foresta virxe fogar do deus do bosque e o seu corte de dríadas, ninfas e outros espíritos da natureza. Era unha versión do paraíso, aínda que só no sentido de ser a morada das entidades sobrenaturais, non a morada para os mortais que faleceron.

A mitoloxía grega inspirou ao poeta romano Virgilio a escribir as súas Églogas, unha serie de poemas ambientados en Arcadia.

Cabe destacar, que a Arcadia que describiron os autores gregos foi todo o contrario. Era o reino de Pan (do que deriva pánico [2]), deus da natureza e patrón dos pastores, os seus habitantes gozaban de fama polos seus dotes musicais, a súa ruda virtude e a súa rústica hospitalidade, pero tamén polo seu grandísima ignorancia e polo seu baixo nivel de vida. Con todo, Polibio chegou a describila como unha rexión pobre, erma, rochosa, fría, privada de todos aqueles praceres que amenizan a existencia. Por iso os poetas gregos situaron as súas poesías bucólicas na illa de Sicilia en lugar de Arcadia.

Arcadia na arte editar

Arcadia permaneceu como un tema artístico desde a antigüidade, tanto nas artes visuais como na literatura. Imaxes de belas ninfas e paisaxes pastoriles foron unha recorrente fonte de inspiración de pintores, escultores e poetas.

A mitoloxía grega serviu ao poeta latino Virxilio para escribir os seus Bucólicas, unha serie de poemas situados en Arcadia. Virxilio influíu á súa vez na literatura europea medieval (ver, por exemplo, a Divina Comedia).

No Renacemento, Arcadia pasa a ser o símbolo da sinxeleza pastoril e escritores como Garcilaso de la Vega tratan frecuentemente o tema, asimilándoo ao propio paraíso. A diferenza da Utopía de Tomás Mouro, que é un artefacto do home, Arcadia é presentada como o resultado espontáneo dun modo de vida natural, non corrompido aínda pola civilización.

No rococó foi o escenario habitual do xénero das fêtes galantes, escenas cortesás ambientadas en paisaxes bucólicos, un xénero iniciado por Jean-Antoine Watteau.


Notas editar

  1. Schopenhauer. Eudemonología (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de abril de 2015. Consultado o 16 de abril de 2015. 
  2. "PÁNICO". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2022-02-12. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar