Ara (xornal)

xornal de información xeral en catalán

Ara (en galego "agora") é un xornal de información xeral escrito en lingua catalá que se edita en Barcelona para Cataluña, Illas Baleares e Andorra. A súa directora é Esther Vera.

Ara (xornal)

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua catalá
LocalidadeBarcelona
ISSN2014-010X
Na rede
http://www.ara.cat/ e https://www.ara.cat/
Facebook: diariARA Twitter: diariARA Instagram: diariara Telegram: diariara Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

O seu lanzamento realizouse o 28 de novembro de 2010, data que coincidiu coas eleccións ó parlamento de Cataluña. O seu orzamento inicial eran 70 millóns de euros, e agardaba vender 11.000 exemplares diarios no seu primeiro ano, cunha distribución aproximada de 50.000 copias. O principal impulsor de Ara é a Asociación Cultural 03, que posúe varias editoriais en lingua catalá, e foi apoiada por importantes industriais cataláns, que participan como accionistas. Entre eles participan a título persoal Artur Carulla, propietario do grupo alimenticio Agrolimen, e Fernando Rodés, director executivo de Havas.

O diario tense marcado como obxectivo a difusión da lingua e cultura propias de Cataluña, e axudar ó debate social. Neste sentido, busca un hoco no mercado da prensa catalá, no que xa se atopa Avui, El Punt e unha edición nesa lingua de El Periódico de Catalunya. A mediados de 2011 está previsto que o outro gran xornal catalán, La Vanguardia, saque tamén unha edición en catalán. Coa compra de Avui por parte de El Punt, comezou a xestación do novo diario, que se nutriu de xornalistas e columnistas cataláns procedentes dos principais medios de comunicación. Aínda que nun principio se lle relacionou con teses próximas a Convergencia i Unió, o diario defínese como transversalista e non se vincula a ningunha ideoloxía.

Ó proxecto sumáronse Antoni Bassas, Toni Soler e Albert Om, que forman parte dun consello asesor e contan con participacións no diario. Tamén mostraron o seu apoio Rosa Regás, Carme Riera, Jaume Cabré, Paul Preston e Albert Sánchez Piñol entre outros. Ademais, a publicación conta con reportaxes e artigos traducidos ó catalán do International Herald Tribune.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar