Apocalipse

libro do Novo Testamento

O Libro de Revelación ou da Apocalipse[1][2][3][4] é un texto atribuído tradicionalmente a Xoán o Evanxelista, que recolle, en forma das visión típicas da literatura apocalíptica, unha reflexión sobre a situación da primeira igrexa cristiá nos tempos do Imperio Romano e unha mensaxe de esperanza para os cristiáns.

Pórtico da Gloria en Compostela: Cristo rodeado dos "catro viventes" e do coro dos anciáns tal como recolle a visión da Apocalipse.

O termo Apocalipse vén do grego ἀποκάλυψις, que vén de ἀποκαλύπτειν apocaliptein, literalmente descorrer unha cortina, ou revelar, pola que tamén moitas igrexas cristiás o coñecen como Libro da Revelación.

Autor e data de composición editar

Tradicionalmente considerouse que o apóstolo Xoán era o autor deste libro, como do resto do Corpus Xoánico.[Cómpre referencia]

 
Xoán en Patmos nunha visión apocalíptica (século XVI)

O autor preséntase a si mesmo nos primeiros versículos do libro. "Eu, Xoán, voso irmán e compañeiro no sufrimento, no Reino e na esperanza en Xesús, estaba na illa chamada Patmos por cousa da Palabra de Deus e do testemuño de Xesús. Caín en arroubo o día do Señor e oín detrás miña un berro forte, coma dunha trompeta, que dicía: "o que vas ver escríbeo..." (Ap 1, 9-11).

O estudo da linguaxe do libro, escrito en grego, fala dun autor que enche o texto de arameismos, e que usa construcións sintácticas semitas. Escribe en grego pero pensa en arameo. O libro ten moitas citas do Antigo Testamento pero, en contra do que pasa con outros libros do Novo Testamento, as citas fanse sempre seguindo versións hebreas e non a da Biblia dos Setenta.

Tamén é certo que o autor nunca se chama a si mesmo "Apóstolo", por outra parte os Pais da Igrexa non son unánimes á hora de atribuírlle o libro ao apóstolo. Seguramente hai que concluír, como pasa co resto do corpus xoánico, que o libro nace na comunidade que tiña ao apóstolo Xoán como fundador e guía.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. Enciclopedia Galega Universal 2. Ir Indo. 1999-2002. p. 112. ISBN 84-7680-288-9. : apocalipse (< lat apocalipsis < gr ἀποκάλυψις 'revelación') [port: apocalipse; cast: apocalipsis; ing: apocalypse] 1 s f RELIX Revelación dos acontecementos da fin do mundo presente na tradición relixiosa xudeu-cristiá. O mito da apocalipse, que culmina coa Gloria de Deus, é propio da mentalidade do pobo xudeu…
  2. Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 168. : Apocalipse2 (do gr. apokálypsis, 'revelación', polo lat. apocalypse) m. Último libro do Novo Testamento, atribuído ao apóstolo San Xoán, que trata sobre a vinda do Anticristo e a fin do mundo.
  3. Diccionario enciclopédico galego universal 4. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 127. ISBN 84-7680-429-6. : apocalipse 1 s f RELIX Revelación dos acontecementos da fin do mundo presente na tradición relixiosa xudeu-cristiá…
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para apocalipse.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas: editar