Apeadoiro

instalación ferroviaria sen desvíos que permite o acceso de viaxeiros aos trens

Apeadoiro é, segundo a definición do Regulamento de Circulación Ferroviaria español, unha infraestrutura ferroviaria para a subida e baixada de viaxeiros.[1]

Apeadoiro de FEVE na parroquia de Pedroso en Narón

Características editar

A diferenza fundamental respecto a unha estación radica en que esta última consta, como mínimo, de dúas vías máis os seus aparatos asociados, está protexida por sinais e ademais ten por obxecto coordinar os procesos de circulación, polo que un apeadoiro só terá unha vía, en caso de liñas de vía única, ou como máximo dúas nos casos de vía dobre máis as súas respectivas plataformas de acceso aos trens. Pode incluso darse a circunstancia de que nunha mesma liña existan paradas comerciais en apeadoiros habendo estacións que estean limitadas a simples paradas técnicas, nas que non se permite a subida ou baixada de pasaxeiros.

Habitualmente os apeadoiros se crean para dar acceso a núcleos de poboación próximos á unha liña ferroviaria que non contaban con servizos de pasaxeiros como os de Redondela-Picota, Friela-Maside ou Miño, por supresión de vías en antigas estacións con pouco uso, como Cambre ou Barallobre, ou para dar acceso a equipamentos próximos á vía que adoitan mover un significativo número de persoas a determinadas horas ou momentos do ano, como os campus universitarios de Elviña[2] ou Pontevedra.

Nos últimos anos tamén se converteron en apeadoiros dúas antigas estacións da liña Santiago-Redondela: Osebe e Arcade, que presentan a particularidade de que se ben continúan a gozar de servizo de tráfico de pasaxeiros e contar con dúas vías por mor do desdobramento do trazado para o integrar no Eixo Atlántico de alta velocidade; a eliminación dos aparatos de vía e os sinais que os protexían, fan que tecnicamente teña que ser considerados como apeadoiros.

Apeadoiros en Galiza editar

En servizo editar

Liña Santiago-Redondela editar

Liña León-A Coruña editar

Liña Zamora-A Coruña editar

Liña Betanzos-Ferrol editar

Clausurados ou fóra de servizo editar

Notas editar