Unha apanaxe (do francés apanage) era unha concesión feudal subtraída do dominio real e que un rei (ou, máis amplamente, un señor feudal) daba aos seus fillos ou a outros familiares, como irmáns, especialmente aos excluídos da sucesión ao trono.

Historia editar

A apanaxe era unha práctica moi habitual en Francia e aseguraba así aos membros da dinastía reinante títulos e rendas derivadas dos territorios dados en apanaxe. Este sistema foi abolido durante a Revolución Francesa, e foi transitoriamente restablecido entre 1810 e 1832.

Etimoloxía editar

O termo apanaxe deriva do latín medieval apanagium,[1] formado da expresión ad panem, que significa "para dar pan" (panis).

Notas editar

  1. Henricus Aaron-Spittler (1773): De successione in apanagium. Tubinga. Ler en liña.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.