O Antwerp Giants, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Telenet Giants Antwerp, é un club profesional de baloncesto belga con sede na cidade de Antuerpen (Antuerpen , Flandres). Actualmente xoga na BNXT League, a máxima categoría do baloncesto de Bélxica e os Países Baixos. O equipo foi fundado 1995 a raíz da fusión de dous dos equipos máis exitosos do baloncesto do país: o Sobabee ou Antwerpse B.C., equipo con oito títulos de Liga (1956, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1973), e o Racing Mechelen, con quince (1965, 1966, 1967, 1969, 1974, 1975, 1976, 1980, 1987, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994). Actualmente disputa os seus partidos como local no Lotto Arena, pavillón con capacidade para 5 218 espectadores.

Telenet Giants Antwerp
Información xeral
Liga BNXT League
Alcume Giants
Fundación 1995
Historia Racing Antwerpen (1995–2006)
Cores                Vermello, branco, amarelo
Presidente Bélxica Bjorn Verhoeven
Adestrador Croacia Ivica Skelin
Localización
Cidade Bélxica Antuerpen, Bélxica
Pavillón Lotto Arena
Capacidade 5 218
Inauguración 10 de marzo de 2007
Campionatos
Liga 1 (2000)
Copa 4 (2000, 2007, 2019, 2020)
Supercopa 2 (2007, 2016)
antwerpgiants.be

Historia editar

En 1995 os dous equipos máis laureados do baloncesto belga, o Sobabee de Antuerpen e o Racing de Mechelen, fusionáronse para fundar o Racing Basket Antwerpen. O club fixo o seu debut na máxima categoría, na temporada 1998−99. Até o ano 2001 o equipo acabou sempre entre os tres primeiros postos. Destaca a temporada 1999−00, onde o equipo co nome de Telindus Antwerpen consegue gañar a Copa e o campionado de Liga, este último após vencer ao Oostende por 3−1 nas Finais. O equipo sufriu un revés despois de gañar o campionato e terminou nos postos sexto, sétimo e oitavo durante as seguintes cinco temporadas. No ano 2006 o club muda o seu nome a Antwerp Giants. Ao ano seguinte, en 2007, o equipo gaña o seu terceiro trofeo ao gañar a Copa por segunda vez. O Antwerp Giants posúe o récord de asistencia a un partido de baloncesto en Bélxica despois de xuntar 17.135 espectadores o 31 de xaneiro de 2015, nun xogo que os enfrontaba ao Spirou Charleroi no Sportpaleis.[1] En xuño de 2017 o club anuncia un novo acordo de patrocinio coa compañía Telenet.[2]

Nomes editar

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Racing Basket Antwerpen (1996–1999)
  • Telindus Racing Antwerpen (1999–2004)
  • Daewoo Racing Antwerpen (2005–2006)
  • Antwerp Giants Sanex (2006–2008)
  • Antwerp Diamond Giants (2008–2011)
  • Port of Antwerp Giants (2011–2017)
  • Telenet Giants Antwerp (2017–presente)

Ano a ano editar

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa Competicións europeas
2010–11 1 PBL
18–17
Semifinais 3 EuroChallenge
L16
4–1–3
2011–12 1 PBL
23–11
Subcampión 3 EuroChallenge
T16
6–6
2012–13 1 PBL
17–13
Oitavos de final 3 EuroChallenge
LR
4–2
2013–14 1 PBL
21–21
Subcampión 3 EuroChallenge
T16
7–5
2014–15 1 PBL
16–17
Semifinais 3 EuroChallenge
T16
6–6
2015–16 1 PBL
14–16
Subcampión 3 FIBA Europe Cup
CF
13–4
2016–17 1 PBL
25–17
Cuartos de final 4 FIBA Europe Cup
R2
8–4
2017–18 1 PBL
27–9
Cuartos de final 3 Champions League
QR3
5–1
4 FIBA Europe Cup
LR
3–3
2018–19 1 PBL 35–9 Campión 3 Champions League 15–9
2019–20 1 PBL 11–6 Campión 3 Champions League LR 4–10
2020–21 1 PBL 20–11 Cuartos de final 2 EuroCup LR 1–9
2021–22 1 BNXT 17–11 Cuartos de final 4 FIBA Europe Cup R2 5–7

Títulos editar

Liga de Bélxica

  • Campión (1): 2000
  • Subcampión (1): 2018, 2019

Copa de Bélxica

  • Campión (4): 2000, 2007, 2019, 2020
  • Subcampión (3): 2012, 2014, 2016

Supercopa de Bélxica

  • Campión (2): 2007, 2016
  • Subcampión (2): 2000, 2014

Xogadores editar

Destacados editar

Notas editar

  1. "Antwerp Giants vestigt nieuw toeschouwersrecord maar verliest". Gazet van Antwerpen (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2016. Consultado o 4 de maio de 2016. 
  2. Ceulemans, Patrick (6 de xuño de 2017). "Telenet komende drie jaar hoofdsponsor van Antwerp Giants". Gazet van Antwerpen (en neerlandés). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar