Antonio Sanjurjo Badía

inventor galego

Antonio Sanjurjo Badía, coñecido polo alcume herdado do pai de Habilidades,[1] nado en Sada en 1837 e finado en Vigo o 8 de xaneiro de 1922[2], foi un inventor galego.

Antonio Sanjurjo Badía
Nome completoAntonio Sanjurjo Badía
Nacemento1837
Lugar de nacementoSada
Falecemento8 de xaneiro de 1922 85 anos
Lugar de falecementoVigo
SoterradoCemiterio de Pereiró
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónindustrial
FillosManuel Sanjurjo Otero
editar datos en Wikidata ]
Placa feita por Alejandro Curty en Vigo.

Traxectoria editar

Fillo de Antonio Sanjurjo Álvarez, propietario dun taller e unha reloxaría e membro dunha familia de once irmáns,[1] emigrou sendo un mozo, aos 16 anos, a Cuba, para despois de cinco anos regresar a Vigo e estabelecer o seu propio obradoiro e máis tarde comezar cun negocio relacionado cos estaleiros, baseado na construción de máquinas e caldeiras de vapor, entre outras cousas. Ademais destas innovacións no ámbito da técnica, tamén creou nas súas fábricas unha irmandade de traballadores onde outorgaba aos seus traballadores un seguro de enfermidade, un salario vitalicio tras a xubilación e descanso os domingos.[3]

Casou con Concepción Otero García, filla de Ramón María Otero, dono do pazo da Mota en Riobó,[4] e chegou a ser concelleiro sendo alcalde Antonio López de Neira.

Aínda en vida, o 27 de febreiro de 1921, o Concello de Vigo púxolle o seu nome a unha rúa da cidade.

Os seus restos repousan no Cemiterio de Pereiró.

Primeiro submarino galego editar

 
Cemiterio de Pereiró.

O 12 de agosto de 1898,[5] en Vigo, Antonio Sanjurjo probou un enxeño submarino da súa invención, ao que deu en chamar boia submarina,[6] en presenza do gobernador militar. A proba foi satisfactoria, o aparello aguantou unha hora e media mergullado e despois varias inmersións de 45 minutos. A finalidade do invento era a defensa de Vigo ante un posíbel ataque da frota estadounidense daquela en guerra con España. Non obstante, ese mesmo día asinábase o tratado de paz, polo que a súa utilización non foi necesaria.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar