Antonio Romero Ortiz

político, avogado e xornalista galego

Antonio Romero-Ortiz García[1], nado en Santiago de Compostela o 24 de marzo de 1822[2] e finado en Madrid o 18 de xaneiro de 1884, foi un político liberal,[3] ministro de Graza e Xustiza durante o Sexenio e ministro de Ultramar durante os gabinetes de Zavala e de Sagasta. Tamén foi un persoeiro importante no movemento do provincialismo galego.

Infotaula de personaAntonio Romero Ortiz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1822 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xaneiro de 1884 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSacramental de San Lorenzo y San José Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Q39558956 Traducir
Civil governor of Toledo (en) Traducir
Gobernador civil
Civil governor of the province of Alicante (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residenciarúa Serrano Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión Liberal Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do notario Domingo Manuel Romero e de Rita García Mariño[2], en 1837 conseguiu o título de Bacharel en Filosofía e en 1843 licenciouse en Dereito na Universidade Central de Madrid.

Romero Ortiz participou na Academia Literaria de Santiago durante os seus anos de estudante. Fundou con José Rúa Figueroa o periódico satírico de literatura e costumes Santiago y a ellos, que axiña foi prohibido. Máis tarde, xunto con Rúa Figueroa e Antolín Faraldo, foi editor da revista El Porvenir, dirixida por Faraldo.

Foi elixido deputado polo distrito da Coruña en 1854, polo de Noia en 1858, polo de Benisa (Alacant) e Noia en 1863 (o 20 de abril de 1864 optou por Noia), volveu ser elixido por Noia en 1864, en 1865 por Alcoi e Santiago de Compostela (correspondeulle representar a Compostela mediante sorteo); outra vez por Alcoi e Santiago en 1869 (optou de novo por Compostela). Volveu ser elixido por Noia en 1871, volvendo ser reelixido polo mesmo distrito ata 1884.

Foi Ministro de Graza e Xustiza inmediatamente despois da Gloriosa (de 8 de outubro de 1868 ao 22 de febreiro de 1869 e do 25 de febreiro ao 18 de xuño dese mesmo ano). Suprimiu seiscentos dos novecentos conventos existentes e a Orde dos Xesuítas, recoñeceu de feito o matrimonio civil e a liberdade de cultos; estas medidas déronlle fama de anticlerical, e recibiu o alcume de “Lutero Ortiz”.[1]

O 13 de marzo de 1878 nomeárono ministro de Ultramar, cargo que desempeñou con Zavala e con Sagasta. Foi un destacado masón, que acadou o grao de Soberano Gran Comendador do Supremo Consello en 1882. Dende marzo de 1881 até outubro de 1883 foi gobernador do Banco de España.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Priego Fernández del Campo, José. "Antonio Romero-Ortiz García". Diccionario Biográfico Electrónico. Real Academia de la Historia. Consultado o 2024-02-22. 
  2. 2,0 2,1 Priego Fernández del Campo & Cabezón 1998
  3. Baró Pazos (1993), p. 163

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Carlos María Coronado
  
Ministro de Graza e Xustiza de España
 
8 de outubro de 1868 - 18 de xuño de 1869
Sucesor:
Cristóbal Martín de Herrera
Predecesor:
Víctor Balaguer
  
Ministro de Ultramar de España
 
marzo de 1881-outubro de 1883-
Sucesor:
Adelardo López de Ayala
Predecesor:
Martín Belda
 Gobernadores do Banco de España 
1881-1883
Sucesor:
Juan Francisco Camacho
Predecesor:
Pedro Sabau y Larroya
  
Real Academia da Historia
(medalla 2)
 
1880-1884
Sucesor:
Manuel Danvila y Collado