Antonio Pérez González
Antonio Pérez González, nado en Oviedo (Asturias) o 6 de xullo de 1990, é un xogador de hóckey a patíns español. Xoga na posición de dianteiro. Dende a tempada 2011-12 viste a camiseta do H.C. Liceo da Coruña.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1990 (33 anos) Oviedo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 173 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de hóckey a patíns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey a patíns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 57 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria editar
Toni Pérez comezou a práctica do hóckey a patíns na súa cidade natal, Oviedo. Con 16 anos conseguiu o ascenso como campión de Primeira División á OK Liga e o subcampionato da Copa do Príncipe co Esfer Oviedo. Trala súa marcha ao H.C. Liceo conseguiu o campionato de España júnior e o ascenso como campión da Primeira División co equipo "B", o Liceo Cerceda, á OK Liga na tempada 2008-09. Durante a tempada 2009-10 xogou no Club Patín Cerceda (club xurdido a raíz do ascenso do Liceo Cerceda), esa tempada foi o máximo goleador da máxima categoría do hóckey a patíns español con 43 goles empatado co dianteiro liceísta Pablo Álvarez, a pesar diso non puido evitar o descenso do club galego. Tralo descenso do club cercedense asinou polo PAS Alcoi, club co cal debutou nunha competición europea a nivel de clubs, a Copa CERS, no club alacantino foi o máximo goleador. Finalizada a tempada 2010-11, o Liceo repescouno para suplir a baixa do dianteiro arxentino Pablo Álvarez.
Equipos editar
- Esfer Oviedo
- H.C. Liceo
- Club Patín Cerceda: 2009-10
- PAS Alcoi: 2010-11
- H.C. Liceo: 2011-12
Palmarés editar
Categorías inferiores editar
- Subcampión de España xuvenil: 2005-06
- Campionato de España Júnior co Liceo: 2008-09
Esfer Oviedo editar
- Campión e ascenso á OK Liga: 2006-07
- Subcampión de Copa Principe: 2006-07
Liceo Cerceda editar
- Campión e ascenso á OK Liga: 2008-09
HC Liceo editar
Selección española editar
- Campión de Europa xuvenil: 2006
- Subcampión de Europa júnior: 2008
- Campión do Mundo sub 20: 2009
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |