Antonio Goicoechea

político español

Antonio Goicoechea Cosculluela, nado en Barcelona o 21 de xaneiro de 1876 e finado en Madrid o 1 de febreiro de 1953, foi un avogado e político español.

Infotaula de personaAntonio Goicoechea

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Antonio Goicoechea y Cosculluela Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1876 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 1953 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 6 de abril de 1949
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946
Deputado nas Cortes republicanas

23 de febreiro de 1936 – 1 de abril de 1936

Circunscrición electoral: Cuenca (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas

24 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Cuenca (en) Traducir
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930
Senador de España
Concelleiro de Madrid
Ministro
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoMaurism (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Premios
Antonio Goicoechea.

Traxectoria editar

Membro do Partido Conservador, en 1899 foi nomeado letrado do Consello de Estado e en 1919 foi ministro de Gobernación no goberno de Antonio Maura, pero dimitiu ao pouco tempo pola oposición tanto dos liberais como dos partidarios de Eduardo Dato. Foi elixido deputado polo distrito de Becerreá nas eleccións xerais de 1907 e 1910, por Madrid nas eleccións de 1918 e por Monforte nas de 1919. Elixido senador pola provincia de Murcia en 1922, colaborou coa ditadura de Primo de Rivera e en 1927 afiliouse á Unión Patriótica.

Coa proclamación da Segunda República Española afiliouse a Acción Nacional e máis tarde foi membro fundador de Renovación Española, partido polo que foi elixido deputado nas eleccións de 1933. Participou activamente na sublevación do 18 de xullo de 1936. Viaxou a Italia para conseguir axuda económica para os partidarios de Franco. Cando se aprobou o Decreto de Unificación de 1937, Goicoechea disolveu formalmente Renovación Española.

Abandonou a política, e entre 1938 e 1950 foi presidente do Banco de España, do Banco Exterior de España, do Banco Hipotecario e do Banco de Crédito Industrial. En 1943, xunto con outros procuradores en Cortes, firmou un escrito dirixido a Francisco Franco no que solicitaba a restauración da monarquía, "continuadora de nuestra tradición histórica".

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar