Antonio García Teijeiro

escritor español

Antonio García Teijeiro, nado en Vigo en 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola.[1]

Infotaula de personaAntonio García Teijeiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura infantil, crítica literaria e educación primaria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , crítico literario , escritor de literatura infantil , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa e ensaio
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 489 AELG: 152

Traxectoria editar

Exerceu como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO. Colaborou nas páxinas literarias e pedagóxicas de xornais e revistas de Galicia, e en diversos proxectos literarios. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, impartiu cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, palestras. Como tradutor ó galego leva realizado diversos traballos dentro do eido literario infantil e xuvenil. Dirixiu coleccións editoriais e programas de radio de tema literario.[2] Codirixiu o programa radiofónico de música e poesía Os sons do silencio.[3]

Recibiu o Premio Merlín[4] e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY[5]. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar[6].

Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos e músicos coma Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede co seu blog Versos e Aloumiños.[7]

Obra en galego editar

 
Pontevedra, 14/05/2018. Falando sobre María Victoria Moreno.

Poesía editar

Literatura infanto-xuvenil editar

Poesía editar

Narrativa editar

Ensaio editar

  • O libro na escola, as bibliotecas escolares e de aula (1989). Santiago: Xunta de Galicia.
  • Disfrutar escribindo: a narración e a poesía nas aulas (1990). Vigo: Galaxia. 64 páxs. ISBN 9788471547422.
  • O delfín vermello I e II. Proposta didáctica (1992). Madrid: Anaya.
  • A poesía necesaria. Lectura e creación poética dentro da aula (2009). Vigo: Galaxia. 124 páxs. ISBN 978-84-9865-212-3.

Traducións editar

Edicións editar

  • Celso Emilio Ferreiro para nenos (1988). Madrid: Ediciones de la Torre.
  • Antoloxía, de Celso Emilio Ferreiro (1989). Vigo: Xerais.
  • Nos mares diversos (1999). UCETAG.

Obras colectivas editar

  • A cidade, de María Rius, 1988, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • O mar, de María Rius, 1988, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • A montaña, de María Rius, 1988, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • O oído, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • O olfato, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • O tacto, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • A vista, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • As catro estacións. O inverno, de Carme Solé Vendrell, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • As catro estacións. O outono, de Ulises Wensell, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • As catro estacións. A primavera de Asun Balzola, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • As catro estacións. O verán, de Carme Solé Vendrell, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • O Monicreque de Alicia, 1992, Xunta de Galicia.
  • Trazos, trozos e retrincos, 1992, Xunta de Galicia.
  • E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Un saquiño de contos, 2001, Xerais.
  • Bicos, bicos e máis bicos, en Para cantar e contar, 2003, Xunta de Galicia.
  • 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo.
  • Contos de cabuxas, ratos, libros e casas, 2004, Xunta de Galicia.
  • Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
  • Contos e poemas para un mes calquera, 2006, Planeta-Oxford.
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
  • Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • Lendo lendas, digo versos (2015). Vigo: Xerais, con Antonio Reigosa e Xosé Cobas. ISBN 978-84-9914-916-5.
  • E de súpeto o inverno, 2017, Agalir.
  • Os Direitos das Crianças, 2018, Trinta Por Uma Linha.
  • En el vuelo de la memoria. Antología para Ángel Campos Pámpano. (Editora Regional de Extremadura, 2018).

Premios editar

  • Premio Merlín no 1996, por Na fogueira dos versos.
  • Lista de Honra do IBBY no 1998, por Na fogueira dos versos.
  • Premio Pier Paolo Vergerio no 1998, por Na fogueira dos versos.
  • I Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, 2007, por Arredor do teu corpo.
  • Premio Fervenzas Literarias 2014 (Mellor libro infantil) por Un rato díxolle á lúa.
  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2017, por Poemar o mar.

Obra en castelán editar

Literatura infanto-xuvenil editar

  • Versos de agua (1989). Edelvives, poemario.
  • Volando por las palabras,1(992). Edelvives, poemario.
  • Al hilo de la palabra (1997). UCETAG, poemario.
  • Todo es soñar (2006). Brosquil, poemario.
  • Versos con alas (2006). Bellaterra, poemario.
  • Viene el río recitando (2008). Algar, poemario.

Obras colectivas editar

  • Cuentos y poemas para un mes cualquiera (2005). Planeta e Oxford.
  • Estelas de versos (2008). Universidad de Castilla-La Mancha. Con Rafael Cruz-Contarini.

Premios editar

  • Obra gañadora do Quinto Certame de Poesía Infantil Luna de aire, convocado por CEPLI, no 2007, por Estela de versos. Con Rafael Cruz-Contarini.
  • Premio á mellor iniciativa bibliográfica na I Gala do Libro Galego en 2016, por Lendo lendas, digo versos.

Notas editar

  1. "A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-06-15. 
  2. "Antonio García Teijeiro Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-06-16. 
  3. "García Teijeiro, Antonio". EGU - Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 2023-06-16. 
  4. Ficha da obra Na fogueira dos versos no sitio web de Edicións Xerais de Galicia.
  5. El autor: Premios y reconocimientos en Cervantesvirtual (en castelán).
  6. "Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura por Poemar o mar, escrito en galego, nova en Praza Pública, 3 de outubro de 2017.
  7. "Escola de letras – Antonio García Teijeiro". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-15. 
  8. "Se falases de min". Editorial Elvira. Consultado o 2023-06-15. 
  9. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-09-04. 
  10. "Noa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 2019-06-30. 
  11. "Noa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 2019-06-30. 
  12. "Nòa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 2019-06-30. 
  13. "Parkeko txoko berdea". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2021-05-06. 
  14. "Parkeko bazter berdea". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 2019-06-30. 
  15. Ficha da obra no Proxecto Meiga.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar