Antonio Emery Arocena

futbolista vasco

Antonio Emery Arocena, coñecido polo alcume de Pajarito, nado en Irún (Guipúscoa) o 26 de xullo de 1905 e finado o 29 de marzo de 1982, foi un futbolista vasco, que xogaba na demarcación de gardameta. Foi pai do tamén porteiro Juan Emery e avó do exfutbolista e actual adestrador Unai Emery.

Antonio Emery
Información persoal
Nome Antonio Emery Arocena
Nacemento 26 de xullo de 1905
Lugar de nacemento Irún
Falecemento 29 de marzo de 1982
Altura 1,72 m
Posición Gardameta
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1928-1932 Real Unión Club 66
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi fillo de Luis Emery Boulanger e de María Josefa Arocena Basterrica, que casaran en 1897 en Hondarribia.[1] Toda a súa traxectoria futbolística transcorreu no Real Unión de Irún, onde militou 12 tempadas. Comezou xogando como extremo pero ante a lesión do porteiro titular, Muguruza, ocupou o seu posto con moi bo resultado, sendo o gardameta nas catro tempadas que o equipo militou na Primeira División. Porén, Emery é lembrado por ser o primeiro gardameta da liga española en encaixar un gol, feito producido o 10 de febreiro de 1929 no vello estadio de Sarrià, sendo o dianteiro do Español Pitus Prat quen o marcou no minuto 5.[2] Disputou 66 partidos na Primeira División española nas catro primeiras tempadas desta competición (de 1928 a 1932).

Na tempada 1928-1929 disputou 18 encontros, todos como titular, recibindo 42 goles.

Co equipo de Irún gañou dúas Copas de España, unha en 1924 ante o Real Madrid e outra en 1927 ante o Arenas de Getxo.

Dous dos seus irmáns, Francisco e Román, foron tamén futbolistas, e todos eles xogaron no Real Unión. Tamén foron futbolistas dous dos seus fillos: Juan María (nado en Irún o 18 de febreiro de 1933), que foi gardameta en numerosos clubs, e Román Emery Alza (nado na mesma localidade o 5 de xaneiro de 1931), que foi centrocampista no Logroñés e no CD Málaga. O seu neto Unai Emery xogou na Real Sociedad e en varios equipos de Segunda, antes de converterse nun dos adestradores máis destacados de Europa.

Notas editar

  1. Arquivo da parroquia de Nuestra Señora de la Asunción y del Manzano, de Hondarribia, diocese de Vitoria. Matrimonios, 1873-1899, libro 6º, folio 145r, nº1/M, do 11-1-1897 (sinatura 2378/001-01).
  2. Vidal Viñarás de Blas (1-5-2015). Cuadernos de Fútbol, ed. "Los Guiness de la historia de la Liga" (en castelán). Consultado o 23-4-2017.