Antonio Buero Vallejo

dramaturgo español

Antonio Buero Vallejo, nado en Guadalaxara o 29 de setembro de 1916 e finado en Madrid o 29 de abril de 2000, foi un dramaturgo español.[1]

Infotaula de personaAntonio Buero Vallejo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Guadalaxara, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de abril de 2000 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século XX Editar o valor em Wikidata)
Membro de
Xénero artísticoPoesía e dramaturxia Editar o valor em Wikidata
MovementoRealismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeSegunda República Española Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeVictoria Rodríguez (1958–2000), morte da persoa
Premios

IMDB: nm0119289 Dialnet: 51587 Find a Grave: 7395840 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado no seo dunha familia de clase media, estudou na súa cidade natal ata que a súa familia marcha a Madrid en 1934 e Buero matricúlase na Academia de Belas Artes de San Fernando. Na guerra civil española loitou nun batallón de infantaría e tras ela foi condenado a morte, conmutada logo de oito meses. En 1946 obtén a liberdade e retoma a súa carreira pictórica, que queda definitivamente interrompida tras conseguir o Premio Lope de Vega por Historia de una escalera, obra clave do teatro de posguerra en España polo que supuxo de renovación. Adaptou ao castelán a Shakespeare, Henrik Ibsen e Bertolt Brecht. En 1959 casou coa actriz Victoria Rodríguez. En 1963 recibe autorización para saír ao estranxeiro e dará unha serie de conferencias en diversas cidades nos anos seguintes. Elixido membro da Real Academia Española en 1971. Premio Cervantes en 1986.

Personaxes editar

Os personaxes das obras de Buero Vallejo adoitan coincidir coas seguintes características:

  • Presentan algunha tara física ou psíquica.
  • Non se reducen a sinxelos esquemas ou símbolos.
  • Son personaxes complexos que experimentan un proceso de transformación ao longo da obra.
  • A crítica distíngueos entre personaxes activos e contemplativos. Os primeiros carecen de escrúpulos e actúan movidos polo egoísmo ou polos seus baixos instintos. Chegado o caso, non dubidan en ser crueis ou violentos se dese xeito conseguen os seus obxectivos. Non son personaxes malos; a distinción entre bos e malos non ten oco no teatro de Buero. Os contemplativos séntense angustiados. O mundo no que viven é demasiado pequeno. Móvense nun universo pechado á esperanza. Aínda sendo conscientes das súas limitacións, soñan cun imposible, e atópanse irremediablemente destinados ao fracaso. Nunca ven materializados os seus desexos.

Obras editar

 

As obras de Vallejo caracterízanse pola súa capacidade para construír unha historia con valor existencial á vez que social, grazas ó espazo simbólico que as abrangue. Deste modo, permítese efectuar unha lectura universal a partir dunha situación en particular. Nalgunhas obras, como Las Meninas, o dramaturgo inspírase en motivos históricos para facer unha crítica á situación actual. Noutras, como La Fundación, empréganse técnicas de inmersión para abordar a trama dende a perspectiva dos personaxes. Finalmente, La tejedora de sueños, inspirada na Odisea, emprega a mitoloxía cun valor metafórico respecto aos conflitos entre humanos. Tódalas obras de Vallejo conteñen elementos procedentes do sainete. É o caso da recreación de ambientes populares, ou a mestura de humor e drama.

  • Historia de una escalera (1949)
  • En la ardiente oscuridad (1950)
  • La tejedora de sueños (1952)
  • La señal que se espera (1952)
  • Casi un cuento de hadas (1953)
  • Irene o el tesoro (1954)
  • Las cartas boca abajo (1957)
  • Hoy es fiesta (1955)
  • Un soñador para un pueblo (1958)
  • Las Meninas (1960)
  • El concierto de San Ovidio (1962)
  • El tragaluz (1967)
  • La doble historia del doctor Valmy (1968)
  • El sueño de la razón (1970)
  • La detonación (1977)
  • En La llegada de los dioses (1971),
  • La Fundación (1974)
  • Jueces en la noche (1979)
  • Caimán (1981)
  • Diálogo secreto (1984)
  • Lázaro en el laberinto (1986)
  • Música cercana (1989)
  • Las trampas del azar (1994)
  • Misión al pueblo desierto (1999)

Filmografía editar

Películas baseadas nas obras:

  • Historia de una escalera, dirixida por Ignacio F. Iquino (1950)
  • En la ardiente oscuridad, dirixida na Arxentina por Daniel Tinayre (1959)
  • Esquilache, dirixida en España por Josefina Molina[2] (1989)

Notas editar