Antolín Sánchez Presedo

político galego

Antolín Sánchez Presedo, de nome completo Antolín Luís Mariano Sánchez Presedo[1], nado en Betanzos o 5 de abril de 1955, é un político galego membro do PSOE, e deputado no Parlamento Europeo.

Antolín Sánchez Presedo
Antolín Sánchez Presedo
Sánchez Presedo en 1992


Concelleiro na Corporación Municipal de Betanzos
1979 – 1985

Alcalde de Betanzos
1983 – 1985
Precedido por Vicente de la Fuente García
Sucedido por Manuel Lagares Pérez

1981 – 1997


Secretario Xeral do PSdeG-PSOE
1985 – 1994
Precedido por Antonio Rodríguez Rodríguez
Sucedido por Francisco Vázquez


Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia
1987 – 1990
Presidente Fernando González Laxe
Precedido por Fernando Pedrosa
Sucedido por Xosé Cuíña

20 de xullo de 2004 – 30 de xuño de 2014

Datos persoais
Nacemento 05 de abril de 1955 (69 anos) Betanzos, Galicia Galicia
Partido PSdeG-PSOE
Profesión Político
Residencia Betanzos

Traxectoria editar

Formación editar

É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, e mestrado en Dereito da Unión Europea pola Universidade Carlos III de Madrid.[1]

Finais dos setenta e década dos oitenta editar

Deputado no Parlamento de Galicia dende a I ata a IV lexislatura (1981-1997), e concelleiro da súa cidade natal dende 1979 ata que, en 1983, obtén a alcaldía de Betanzos ó gañar as eleccións municipais por maioría absoluta. En 1985 é nomeado Secretario Xeral do PSdeG-PSOE en substitución de Paco Vázquez, motivo polo que deixa a alcaldía betanceira co fin de prepara-las eleccións autonómicas que se celebrarían en novembro dese ano.

A pesar de perde-las citadas eleccións, en 1987, e debido á moción de censura presentada contra o goberno de Xerardo Fernández Albor (que triunfaría grazas ó voto do tránsfuga Xosé Luís Barreiro), o PSdeG-PSOE acada o poder, formando un goberno tripartito coa Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego. Sánchez Presedo sería nomeado Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas dese goberno, mantendo o cargo ata a vitoria do Partido Popular nas eleccións autonómicas de 1989.

Candidatura á presidencia da Xunta editar

En 1993 foi candidato á presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE. A contundente derrota electoral precipitou a súa saída coma Secretario Xeral do partido, situación que aproveitaría para estudar o citado máster e dedicarse posteriormente ó exercicio da avogacía.

Parlamento Europeo editar

En 2004 regresa á política: é elixido deputado no Parlamento Europeo, cargo que ostentou até as eleccións de 2014.


Predecesor:
Vicente de la Fuente García
  
Alcalde de Betanzos
 
1983 - 1985
Sucesor:
Manuel Lagares Pérez
Predecesor:
Fernando Pedrosa Roldán
  
Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas
 
1987- 1990
Sucesor:
Xosé Cuíña
Predecesor:
Antonio Rodríguez Rodríguez
  
Secretario Xeral do PSdeG
 
19851994
Sucesor:
Francisco Vázquez Vázquez

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Ficha na web Galicia Política". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar