Anthony Morrow

baloncestista estadounidense

Anthony Jarrad Morrow, nado o 27 de setembro de 1985 en Charlotte, Carolina do Norte, é un xogador americano de baloncesto profesional que é axente libre.

Anthony Morrow
Axente libre
Posición Escolta
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 27 de setembro de 1985 (38 anos)
Charlotte, Carolina do Norte
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Información da carreira
Instituto Charlotte Latin School
Universidade Georgia Tech (2004–2008)
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Golden State Warriors (2008–2010)
New Jersey Nets (2010–2012)
Atlanta Hawks (2012–2013)
Dallas Mavericks (2013)
New Orleans Pelicans (2013–2014)
Oklahoma City Thunder (2014–2017)
Chicago Bulls (2017)
Información en nba.com

NBA editar

O 25 de xullo de 2008, Morrow asinou cos Golden State Warriors tras non ser elixido no Draft da NBA de 2008.[1][2] No seu primeiro partido na NBA coma titular, anotou 37 puntos, con 15 de 20 en anotación, contra Los Angeles Clippers, a maior puntuación da historia dun xogador rookie non drafteado; capturou tamén 11 rebotes.[3] Morrow rematou a tempada 2008-09 coma o primeiro rookie e o primeiro xogador dos Warriors en liderar a liga en porcentaxe de triplas, cun 46,7%, 86 de 184 tiros.[4][5][6]

Na liga de verán da NBA de 2009, Morrow anotou 47 puntos para os Warriors nun partido contra os New Orleans Hornets, conseguindo a marca de máis puntos anotados por un xogador nun partido da liga de verán.[7]

No 13º partido da tempada 2009-10, Morrow conseguiu unha nova marca na súa carreira, ao anotar 6 triplas na vitoria contra os Dallas Mavericks.[8]

O 13 de xullo de 2010, Morrow foi traspasado aos New Jersey Nets a cambio dunha futura elección da segunda rolda do Draft.[9]

O 11 de xullo de 2012, os Nets traspasaron a Morrow, Jordan Farmar, Jordan Williams, Johan Petro, e DeShawn Stevenson ós Atlanta Hawks a cambio de Joe Johnson.[10]

O 21 de febreiro de 2013, Morrow foi traspasado ós Dallas Mavericks a cambio de Dahntay Jones.[11]

O 18 de xullo de 2013, Morrow asinou cos New Orleans Pelicans.[12]

O 16 de xullo de 2014, Morrow asinou cos Oklahoma City Thunder.[13]

O 23 de febreiro de 2017, Morrow foi traspasado xunto a Cameron Payne e Joffrey Lauvergne ós Chicago Bulls a cambio de Taj Gibson, Doug McDermott e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018.[14]

Notas editar

  1. Khalid Shakran, Anthony Morrow Inks a Deal with Golden State Warriors, Bleacher Report, 25 de xullo de 2008.
  2. "NBA.com: July 2008 Transactions". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2009. Consultado o 14 de xuño de 2011. 
  3. ESPN.com Rookie Morrow explodes for 37 points, 11 boards in 1st NBA start, 15 de novembro de 2008.
  4. Janny Hu, A rookie whose 3-point stroke leads the league Arquivado 08 de febreiro de 2010 en Wayback Machine., SFGate , 12 de abril de 2009.
  5. Rotoworld: Anthony Morrow Arquivado 18 de decembro de 2010 en Wayback Machine., 16 de abril de 2009.
  6. "NBA.com 2008-09 Three Pointers Leaders: 3-Point FG Percentage". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2011. 
  7. Golden State Warriors' Anthony Morrow nets summer-league best 47 points, Consultado o 17 de xullo de 2009
  8. "Ellis, Morrow lead Warriors past Mavericks 111-103". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2011. 
  9. Nets Acquire Guard Anthony Morrow
  10. Couch, Ben (11 de xullo de 2012). "A Jolt of Joe for the Nets". Brooklyn Nets. Consultado o 11 de xullo de 2012. 
  11. "Mavericks deal for guard Anthony Morrow". NBA.com. 21 de febreiro de 2013. Consultado o 22 de febreiro de 2013. 
  12. PELICANS SIGN ANTHONY MORROW
  13. Thunder Signs Anthony Morrow
  14. "Bulls acquire Payne, Morrow, and Lauvergne from Thunder". NBA.com. 23 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar