Anthe (en grego Άνθη) é unha lúa moi pequena de Saturno que descansa entre as órbitas de Mimas e Encelado. Coñecida tamén coma Saturno XLIX; a súa designación temporal foi S/2007 S 4. Recibiría o nome dunha das fillas de Alcioneo; significa florida. É a 60ª lúa confirmada de Saturno.[3]

Anthe
Animación feita coas imaxes do descubrimento de Anthe
Descubrimento
Descuberta por Equipo de imaxes da sonda Cassini
Descuberta no 30 de maio do 2007
Designación alternativa Saturno XLIX
Características orbitais[1]
Eixo semimaior 197.700 km
Excentricidade 0,001
Período orbital 1,03650 d
Inclinación 0,1° respecto do ecuador de Saturno
Satélite de Saturno
Características físicas
Diámetro medio 1 km
Masa 5 x 1012 kg[2]
Densidade media descoñecida
Gravidade superficial descoñecida
Período de rotación asumida coma sincrónica
Albedo descoñecido
Oblicuidade descoñecida

Foi descuberta polo Equipo de Imaxes da Cassini a partir de imaxes tomadas o 30 de maio do 2007.[1] Unha vez descuberta, unha procura en imaxes máis vellas tomadas pola propia Cassini revelaron a pequena lúa en observacións feitas en xuño do 2004. O seu descubrimento foi anunciado o 18 de xullo do 2007.[1]

Anthe está visiblemente afectada por unha resonancia de lonxitude media coa moito máis grande e masiva Mimas. Isto causa unha perturbación orbital no semieixo maior duns 20 kms de variación respecto da lonxitude do citado semieixo, se este non estivese perturbado, está variación ten lugar ó longo duns dous anos (anos terrestres). A proximidade ás órbitas de Pallene e Methone suxire que estas lúas poderían formar parte dun grupo dinámico.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 C. Porco & the Cassini Imaging Team (18-07-2007). "S/ 2007 S 4". International Astronomical Union Circulars 8857. 
  2. asumindo unha densidade de 1,2 g/cm³
  3. Agle, D. C. (19-07-2007). JPL (Cassini-Huygens), ed. "Saturn Turns 60". Arquivado dende o orixinal o 04-04-2012. Consultado o 19-07-2007. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar