Antero de Quental

poeta portugués

Antero Tarquínio de Quental, nado en Ponta Delgada (Azores) o 18 de abril de 1842 e finado na mesma vila o 11 de setembro de 1891,[1] foi un escritor, político e poeta portugués. Conferencista no Casino Lisbonense, nas chamadas Conferencias do Casino, sobre o tema das Causas da decadencia dos pobos peninsulares. Pertenceu ao grupo da chamada xeración do 70.

Antero de Quental
Nacemento18 de abril de 1842 e 1842
 Ponta Delgada
Falecemento11 de setembro de 1891
 Ponta Delgada
Causaferida por arma de fogo
NacionalidadeReino de Portugal
Alma máterUniversidade de Coímbra
Ocupaciónpoeta, escritor, filósofo e tradutor
Xénerospoesía
Na rede
Musicbrainz: 7d97d405-303f-49f4-85f7-5e4735e4b602 Discogs: 1639893 WikiTree: Tarquínio_Quental-1 Find a Grave: 18560115 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Antero de Quental herdou en 1873 unha cuantía considerábel de diñeiro, o que lle permitiu vivir desafogadamente, dos rendementos desa fortuna. En xullo de 1855 foi estudar en Coímbra. Matriculouse na Facultade de Dereito en 1858. O primeiro ano decorreu de forma atribulada. Un exceso cometido durante as novatadas custoulle a Antero de Quental oito días de prisión. Era moi popular no medio académico. Concluíu a carreira en xullo de 1864.

En 1865, foi un dos principais envolvidos na polémica coñecida por Cuestión Coimbrá, na que humillou a António Feliciano de Castilho, o seu antigo profesor e renomado crítico literario que se tiña por canon para os escritores nacionais: ao libro Odes modernas de Antero, Castilho respondeu con críticas duras sobre o aventureirismo dun xove tolo que escribía de forma asaz estraña e de gusto moi dubidoso. Antero respondeu co opúsculo Bom senso e bom gosto, no que definía a súa literatura por oposición á instituída: ao Ultrarromanticismo decadente, torpe, beato, estupidificante e moralmente degradado, Antero opuña o Realismo, a exposición da vida tal como ela era, das chagas da sociedade, da pobreza, da explotación: estas preocupacións sociais levárano a cofundar o Partido Socialista Portugués: Antero defendía a poesía como Voz da Revolución, como forma de alertar as conciencias para as desigualdades sociais e para os problemas da humanidade. A polémica só terminou cun duelo entre Antero de Quental e Ramalho Ortigão, que se saldou con lixeiras feridas.

En 1866 foi vivir para Lisboa, onde experimentou a vida de obreiro, traballando como tipógrafo. Unha profesión que exerceu tamén en París, en xaneiro e febreiro de 1867. En 1868 regresou a Lisboa, onde formou o Cenáculo, de que fixeron parte, entre outros, Eça de Queirós e Ramalho Ortigão. No 1874 adoeceu de psicose maníaco-depresiva (doenza bipolar), que desde entón o aflixiu. Foi convidado polo Partido Republicano para presentarse como deputado, mais tivo de recusar.

En 1890, debido á reacción nacional contra o ultimato inglés, de 11 de xaneiro, acepta presidir a Liga Patriótica do Norte, mais a existencia da Liga é efémera. Cando regresou a Lisboa, en maio de 1891, instalouse na casa de súa irmá, Ana de Quental. Nese momento o seu estado de depresión era permanente. Acaba por suicidarse o día 11 de setembro de 1891, cun tiro na cabeza, disparado nun banco de xardín.

Para Antero de Quental, os ideais da fraternidade e solidariedade non poderían ser en van. Foi dos primeiros en traer o socialismo, o republicanismo e o marxismo para a discusión pública.

Obra editar

  • Sonetos de Antero, 1861
  • Beatrice e Fiat Lux, 1863
  • Odes Modernas, 1865 (na orixe da polémica Cuestión Coimbrá). Reeditadas en 1875.
  • Bom Senso e Bom Gosto, 1865 (opúsculos)
  • A Dignidade das Letras e as Literaturas Oficiais, 1865 (na orixe da polémica Cuestión Coimbrá).
  • Defesa da Carta Encíclica de Sua Santidade Pio IX, 1865
  • Portugal perante a Revolução de Espanha 1868 (eBook)
  • Causas da decadência dos povos peninsulares, 1871
  • Primaveras Românticas, 1872
  • Considerações sobre a Filosofia da História Literária Portuguesa, 1872 (eBook)
  • A Poesia na Actualidade, 1881
  • Sonetos Completos, 1886 (eBook)
  • A Filosofia da Natureza dos Naturistas, 1886 (eBook)
  • Tendências Gerais da filosofia na Segunda Metade do Século XIX, 1890
  • Raios de extinta luz, 1892 (eBook)
  • A Bíblia da Humanidade (eBook)
  • Leituras Populares (eBook)
  • Liga Patriótica do Norte (eBook)
  • Prosas

Análise da Obra A poesía de Antero de Quental presenta tres faces distintas:
-A das experiencias xuvenís, en que coexisten diversas tendencias;
-A da poesía militante, enpeñada en actuar como “voz da revolución”;
-E a da poesía de ton metafísico, voltada para a expresión da angustia de quen busca un sentido para a existencia.

A oscilación entre unha poesía de combate, dedicada ao eloxio da acción e da capacidade humana, e unha poesía intimista, direccionada para a análise dunha individualidade angustiada, parece ter sido constante na obra madura de Antero, abandonando a postura que adoitaba enxergar unha secuencia cronolóxica de tres fases. Antero atinxe un maior grao de elaboración nos seus sonetos, considerados dos mellores da lingua e comparados aos de Camões e aos de Manuel Maria Barbosa du Bocage. Hai, na verdade, algúns puntos de contacto estilísticos e temáticos entre os tres poetas: os sonetos de Antero teñen innegábel sabor clásico, quer na adxectivación e na musicalidade equilibrada, quer na análise de cuestións universais que aflixen o ser humano.

Notas editar

  1. Carlos Loures. "Antero de Quental". Vidas Lusófonas. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2012. Consultado o 13 de maio de 2012.