Antepretérito

tempo verbal

O antepretérito de indicativo, ou pluscuamperfecto[1], é un dos tempos verbais. Caracterízase por posuír vogal temática e un sufixo modo-temporal "ra".

O antepretérito de indicativo modalmente é real e indica un momento anterior a un referente anterior: cando cheguei á estación, xa marchara o autobús.

Valores do antepretérito de indicativo editar

  • De cortesía: pode presentar tamén valores non reais referidos ó presente: quixera falar con vostede.
  • Estar presente en oracións desiderativas: o demo o levara!
  • Pode indicar unha acción que cumpría realizar no pasado. Tería un valor enfático: se non xantaches, xantaras.

Formas editar

andara varrera partira
andaras varreras partiras
andara varrera partira
andaramos varreramos partiramos
andarades varrerades partirades
andaran varreran partiran

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pluscuamperfecto.