Antawn Jamison

baloncestista estadounidense

Antawn Cortez Jamison, nado o 12 de xuño de 1976 en Shreveport, Luisiana, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 2,06 metros de altura e 107 quilogramos de peso, xogaba na posición de ala-pivote.

Antawn Jamison
Posición Ala-pivote / Ala
Dorsal 4
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Nacemento 6 de marzo de 1972 (52 anos)
Shreveport, Luisiana
Carreira
Universidade North Carolina (1995–1998)
NBA Draft 1998 / Rolda: 1 / Elección: 4
Por Toronto Raptors
Tempadas 19982014
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     20 042 (18,5 pp)
Rebotes     8 157 (7,5 pp)
Asistencias     1 761 (1,6 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Traxectoria deportiva editar

Universidade editar

Durante a súa etapa na universidade Jamison xogou para a Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill. Nas súas tres tempadas nos Tar Heels tivo unha media de 19,0 puntos e 9,9 rebotes por partido. No seu último ano universitario recibiu os premios Naismith e John R. Wooden como o mellor xogador universitario da tempada 1997-1998. Nos seus tres anos, Carolina do Norte logrou chegar ás semifinais nacionais (Final Four) dúas veces.

Profesional editar

Jamison foi seleccionado por Toronto Raptors coa cuarta selección no draft de 1998. Foi traspasado de inmediato a Golden State Warriors a cambio do seu compañeiro universitario Vince Carter. Xogou cinco anos co equipo de Oakland (California), e foi traspasado aos Dallas Mavericks, onde gañou o premio ao Mellor Sexto Home da NBA. O ano seguinte foi traspasado de novo, esta vez a Washington Wizards. En 2005 e 2008, foi elixido para xogar o All-Star Game.

O 17 de febreiro de 2010, Jamison foi traspasado a Cleveland Cavaliers como parte dun intercambio a tres bandas, no que Al Thornton de Los Angeles Clippers marchábase a Washington Wizards; Žydrūnas Ilgauskas (que logo retornaría a Cleveland), unha primeira rolda do draft de 2010 e os dereitos de Emir Preldžič dende Cleveland a Washington; Drew Gooden de Washington aos Ánxeles e Sebastian Telfair dos Ánxeles a Cleveland.[1]

O 25 de xullo de 2012, Jamison asinou un contrato cos Los Angeles Lakers.[2]

O 28 de agosto de 2013, Jamison asinou cos Los Angeles Clippers.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar