Antalis vulgaris

especie de molusco

Antalis vulgaris

Cuncha de Antalis vulgaris
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Scaphopoda
Orde: Dentaliida
Familia: Dentaliidae
Xénero: Antalis
Especie: A. vulgaris
Nome binomial
Antalis vulgaris
(da Costa, 1778)

Antalis vulgaris é unha especie de molusco escafópodo da orde dos dentalíidos (Dentaliida) e da familia do mesmo nome (Dentaliidae), unha das moitas que incúe o xénero Antalis.[1]

Descrición editar

A especie foi descrira en 1778 polo naturalista británico Emanuel Mendez da Costa, co nome de Dentalium vulgare,[1] na súa obra Historia Naturalis Testaceorum Britanniae, or, The British Conchology. (Ver en liña), publicada en Londres por Millan, White, Elmsley & Robson.

Sinónimos editar

Ademais de polo nome que lle adxudicou da Costa, e de polo actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[1]

  • Antalis vulgare (da Costa, 1778) - incorrecto
  • Dentale vulgare da Costa, 1778 - incorrecto
  • Dentalium labiatum Turton, 1822
  • Dentalium laeve Turton, 1819
  • Dentalium striolatum Risso, 1826
  • Dentalium tarentinum Lamarck, 1818
  • Dentalium vitreum Gmelin, 1791

Características editar

Ten a cuncha de até 40 mm de lonxitude, alongada, lisa, en forma dun dente de elefante en miniatura, cos extremos abertos (como as de todos os escafópodos), e cun pequeno tubo no extremo apical, o extrermo inferior é truncado e está rodeado por un groso calo que lle serve de tapa. A cuncha é abrancazada, co extremo apical rosado. O animal é de cor abrancazada.[2]

A cuncha é moi semellante á da outra especie galega do xénero, A. novemcostata, da que se diferencia porque carece das súas fortes costelas lonxitudinais, e polo seu extremo apical, menos afiado.

En Galicia editar

En Galicia é abundante, e vive en fondos areosos da rexión infralitoral, especialmente nas costas máis abertas.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Antalis vulgaris (da Costa, 1778) no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996), páx. 269.

Bibliografía editar

  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
  • D'Ancona, Humberto (1972): "Escafópdos" en Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A., pp. 747–748.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): "Escafópodos o solenoconos", pp. 421.424, en Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
  • Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Scaphopoda", en Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, p. 160.
  • Steiner, G. & Kabat, A. R. (2001): "Catalogue of supraspecific taxa of Scaphopoda (Mollusca)" Zoosystema 23 (3): 433-460.Ver en liña.
  • VV. AA. (1968): "Escafópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 272–274.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar