Annie Leonard, nada en Seattle, Washington en 1964, é unha experta en materia de comercio internacional, cooperación internacional, desenvolvemento sostíbel e saúde ambiental estadounidense.[1] Fíxose moi coñecida sobre todo polo seu documental A historia das cousas (The Story of Stuff), que trata sobre o ciclo vital de bens e servizos. Outros documentais que realizou posteriormente foron A historia dos cosméticos e A historia da auga embotellada, onde anima a que os consumidores esixan aos seus gobernos leis con produtos inocuos e respectuosos co medio ambiente.

Infotaula de personaAnnie Leonard

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Seattle, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Cornell
Barnard College (pt) Traducir
Lakeside School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista , directora de cine , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Páxina webstoryofstuff.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3441204 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Leonard ten unha licenciatura do Barnard College e un título da Universidade Cornell en planificación urbana e rexional.[2] Protagoniza A historia das cousas, un documental sobre o ciclo de vida de bens e servizos. Ralph Nader denomina o documental "un modelo de claridade e motivación".[3]

Leonard é coordinadora de Global Alliance for Incinerator Alternatives (Alianza Global para Alternativas á Incineración)[4] e participa nas xuntas directivas do International Forum for Globalization e a Environmental Health Fund.

Anteriormente ocupou cargos co Health Care Without Harm (Coidado da Saúde Sen Dano), Essential Information (Información esencial) e Greenpeace, e actualmente é coordinadora do Grupo de traballo de Patrocinantes para a Produción e Consumo Sostíbeis[1] En 1992 declarou fronte ao Congreso dos Estados Unidos sobre o tema do tratamento internacional do lixo.[5]

Leonard vive en California coa súa filla.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Terrence McNally (10-01-2008). "Consuming Our Way to Unhappiness". AlterNet. Arquivado dende o orixinal o 13-02-2012. Consultado o 16-12-2010. 
  2. "Annie Leonard's bio". Arquivado dende o orixinal o 20-01-2008. Consultado o 22-01-2008. 
  3. Larry Menkes (27-12-2007). "The Story of Stuff Premiers to Rave Reviews: Proves Value as Relocalization Tool". Arquivado dende o orixinal o 04-05-2009. Consultado o 16-12-2010. 
  4. "Zero Waste: A New Vision review". Arquivado dende o orixinal o 23-10-2007. Consultado o 14-01-2008. 
  5. Op Cit

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar