Annette Meakin

escritora inglesa de libros de viaxes


Annette Mary Budgett Meakin, nada en Bristol o 12 de agosto de 1867[1] e finada en Chipping Ongar (Essex) o 26 de xullo de 1959, foi unha escritora inglesa de libros de viaxes.

Infotaula de personaAnnette Meakin
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1867 Editar o valor em Wikidata
Clifton, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xullo de 1959 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Chipping Ongar, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal College of Music (pt) Traducir
Stern Conservatory (en) Traducir
University College de Londres Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora de viaxes Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
IrmánsJames Edward Budgett-Meakin (en) Traducir e Ethilda Budgett-Meakin Herford (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Foi filla de Edward Ebenezer Meakin e Sarah Budgett. O seu pai traballaba nunha plantación de en Almora, na India.[2] Foi á escola en Inglaterra e Alemaña. Estudou música no Royal College of Music de Kensington e no Stern Conservatoire de Berlín, e estivo na University College London.[3] Durante a primeira guerra mundial traballou como asistente de química.[4]

Ela e a súa nai foron as primeiras mulleres inglesas en viaxar ao Xapón no ferrocarril Transiberiano. Saíron de Londres en xaneiro de 1900 e chegaron a Rusia o 21 de maio logo de parar un tempo en París. Escribiu un texto sobre a viaxe, publicado ao ano seguinte. No libro, A Ribbon of Iron[5], relata tamén as súas paradas en Omsk, Tomsk, Krasnoyarsk e unha ruta polo río Ienisei, que desemboca no océano Ártico.[4] A obra aparece citada con frecuencia no libro de Harmon Tupper To the Great Ocean - Siberia and the Trans-Siberian Railway (1965).

En 1921 demandou por plaxio á autora Catherine Gasquoine Hartley, quen en 1912 publicara The Story of Santiago de Compostela. O texto tiña moitas similitudes co libro de Meakin Galicia, the Switzerland of Spain (1909). Como parte do acordo, o libro de Hartley foi retirado das bibliotecas.[6]

A autora doou os seus fondos á Bodleian Library, da Universidade de Oxford[7]

Obra editar

Notas editar

  1. Certificado de nacemento nos papeis da Biblioteca Bodleian, volume 1 páx. 19.
  2. Fryer, S. E. (2004): ‘Meakin, James Edward Budgett (1866–1906)’, rev. Mark Pottle, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press.
  3. Obituario en The Times, 11 de agosto de 1959.
  4. 4,0 4,1 Deborah Manley (8 de decembro de 2011). Andrews UK Limited, ed. The Trans-Siberian Railway: A Traveller's Anthology. pp. 271–272. ISBN 978-1-908493-30-9. 
  5. Annette M. B. Meakin (1970). Arno Press, ed. A ribbon of iron. 
  6. Hooper, Kirsty (2011). "Hartley, Catherine Gasquoine (1866 / 7-1928)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. 
  7. Annette Mary Meakin, National Archives.
  8. Rolland, Eduardo (2021-02-06). "Vigo, “la ciudad más moderna de Galicia”". VigoÉ (en castelán). Consultado o 2021-08-06. 
  9. "Review: What America Is Doing, Letters from the New World by Annette M. B. Meakin". The Athenæum (4350): 274. 11 de marzo de 1911.