Anna Akhmatova

unha das figuras máis representativas da poesía acmeista rusa

Anna Andreevna Gorenko (en ruso Анна Андреевна Горенко, pronuncia [ˈanə ɐnˈdrʲejɪvnə gɐˈrʲenkə] (AFI)), máis coñecida polo seu pseudónimo Anna Akhmatova, nada en Odesa o 23 de xuño de 1889 e finada o 5 de marzo de 1966, foi xunto con Osip Mandelshtam unha das figuras máis representativas da poesía acmeista rusa.

Infotaula de personaAnna Akhmatova

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Анна Андреевна Ахматова Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Анна Андреевна Горенко Editar o valor em Wikidata
11 de xuño de 1889 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Odesa (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte5 de marzo de 1966 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Domodédovo (Unión Soviética) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemitério de Komarovo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOdesa
Tashkent
San Petersburgo
Kíiv Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Ruso
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
EducaciónCurso Superior Feminino de Kiiv - dereito Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , poeta , autora , crítica literaria , tradutora , especialista en literatura Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1911 Editar o valor em Wikidata - 1966 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
MovementoAcmeísmo Editar o valor em Wikidata
AlumnosJoseph Brodsky Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNikolay Punin (1922–1935)
Vladimir Shileyko (1918–1926)
Nikolai Gumilev (1910–1918), divorcio
ParellaNikolay Punin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosLev Gumilev
 () Nikolai Gumilev (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAndréi Antónovich Górenko Editar o valor em Wikidata  e Inna Stogova (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesErazm Stogov (en) Traducir (avó materno) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0015264 Bitraga: 2047 Dialnet: 714546 Musicbrainz: 4830cf5e-3316-4f5a-9f18-d6b7f81f04ed IMSLP: Category:Akhmatova,_Anna Find a Grave: 10539392 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Anna Andréievna Gorenko era filla dunha nobre familia de orixe tártaro, Ajmat, da que tomou o apelido polo que a coñecemos. Estudou latín, historia e literatura en Kíiv e San Petersburgo. Alí casou con Nikolai Gumiliov en 1910, promotor do acmeísmo, corrente poética que se sumaba ao renacemento intelectual de Rusia a principios do século XX. Os acmeístas rompían co simbolismo, de carácter metafórico, e restablecían o valor semántico das palabras. Nesta liña Anna publicou en 1912 o seu primeiro libro de poemas titulado A tarde. Nese mesmo ano naceu o seu único fillo, Lev.

Anna Akhmátova forma parte da brillante pléiade de poetas rusos que conforman o chamado “Século de Prata”, entre os que se atopan autores como Alexander Blok, Innokenti Annenski e Nikolai Gumiliov, entre outros. Foi este último, primeiro marido da autora, o que impulsou o movemento acmeísta, vangarda coa que Akhmátova estivo vinculada no seus comezos, e que tiña como un dos seus principios básicos “escribir con palabras claras sobre asuntos reais”.

En 1917, coincidindo coa primeira guerra mundial e co inminente estalido da Revolución, Akhmátova, poeta xa recoñecida, decantouse cara a un maior compromiso civil. Mentres moitos dos seus contemporáneos optaron pola emigración, ela decidiu ficar na súa terra e contar o que acontecía, erixíndose así na “voz do pobo ruso”. Tras anos de silencio creativo escribiu o seu Réquiem, extenso poema de extraordinaria forza, dedicado ás mulleres que nos anos de represión estalinista facían cola a carón do cárcere de Leningrado, para pasarlles paquetes aos familiares recluídos. Neses anos do terror estalinista e de censura feroz, Akhmátova queimou o manuscrito por medo ás represalias, e o poemario, que se conservou na memoria dunha ducia de amigos, non viu a luz en Rusia ata a segunda metade da década de 1980, en plena perestroika.

Nos anos 40 Leningrado sufriu o asedio alemán e Akhmátova foi evacuada á cidade de Tashkent, onde redactou o seu longo Poema sen heroe, no que traballou máis de vinte anos, creando varias versións desta enigmática obra na que reconstrúe os anos da modernidade literaria de San Petersburgo. O dramático destino persoal de Anna Akhmátova viuse marcado polos grandes acontecementos históricos da época. O seu marido, Nikolai Gumiliov, foi acusado de participar nun complot antisoviético e fusilado. O seu único fillo, Lev, foi detido ata tres veces e pasará máis de 10 anos no gulag. A propia poeta foi expulsada dúas veces da Unión de Escritores Soviéticos.

Estes primeiros escritos parecen intuír a grande soidade na que se verá somerxida nos anos seguintes, despois das tráxicas consecuencias da revolución rusa de 1917. Logo da Revolución Anna e a súa familia víronse afectados xa que en 1921 o seu marido foi acusado de conspiración e fusilado. Máis tarde, o seu fillo foi tamén arrestado e deportado a Siberia. E por último, o seu amigo e historiador da arte, Nikolai Punin, morreu de esgotamento nun campo de concentración en 1938. Os poemas de Anna foron prohibidos, foi acusada de traizón e deportada. Por temor a que fusilaran ao seu fillo queimou todos os seus papeis persoais. En 1944 puido regresar a Leningrado co seu fillo, cidade devastada despois do asedio nazi.

En 1945 o intelectual británico Isaiah Berlin quixo visitala antes de regresar a Londres. Nese encontro, que se prolongou vinte horas, Anna leulle os seus poemas e sincerouse con el, pero isto tivo tráxicas consecuencias xa que o seu fillo volveu ser encarcerado durante dez anos. Esta vez a escritora negouse a silenciar a súa voz e seguiu adiante co seu poemario máis importante, Réquiem, onde explica que naquela Unión Soviética os únicos que estaban en paz eran os defuntos e que os vivos pasaban a súa vida indo dun campo de concentración a outro. O libro foi publicado sen o seu consentimento e coñecemento en 1963 en Múnic. Ao ano seguinte viaxou a Taormina (Italia), onde recibiu o Premio Internacional de Poesía e en 1965 foi nomeada doutor honoris causa pola Universidade de Oxford. Viaxou a Gran Bretaña con escala en París e publícouse en Moscova O correr do tempo (1909-1965), un balance incompleto (e censurado) da súa obra.

Morreu dun infarto nun sanatorio preto de Moscova. Foi soterrada en Komarovo. A súa obra, traducida a moitas linguas, só aparecerá íntegra en Rusia en 1990.

Obra poética editar

Na evolución poética de Akhmátova podemos distinguir tres épocas:

1. Ciclo poético que vai de 1912 a 1922: A tarde (Vécher) (1912), O rosario (Chyotki) (1914), A bandada branca (Bélaya staya) (1917), O llantén (Podorózhnik) (1921) e Anno Domini MLMXXI (1922).

2. Época de 1922 a 1940 marcada polo silencio creativo e a ruptura do silencio mediante a creación do Réquiem. Unha das súas obras máis coñecidas, nela reflicte a dor e o amor dunha nai. Durante as longas colas de espera para poder ver ao seu fillo na cadea oe as historias das outras mulleres.

3. Ciclo poético de 1940 a 1965 que ten dúas partes diferenciadas: por un lado, encontramos unha serie de poemas épicos e por outro, os seus poemas de madurez que culminan en Poema sen heroe.

Existe unha antoloxía da súa obra traducida ao galego baixo o título Só o silencio me responde publicada en 2007, traducida por Ekaterina Guerbek e Penélope Pedreira Rodríguez[1].

Notas editar

  1. http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=2443 Arquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine. Consultado o 22 de xuño de 2017

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar