Ankhesenamon (tamén coñecida como Ankesenamón ou Anjesenamón) foi a terceira das seis fillas de Akhenatón e da súa Gran Esposa Real Nefertiti. O seu nome significa a que vive por Atón. Descoñécese a data exacta do seu nacemento, pero é probable que fose a primeira das princesas reais que nacese na recentemente fundada capital de Exipto, Amarna.

Infotaula de personaAnkhesenamon

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1348 a. C. Editar o valor em Wikidata
Tebas Editar o valor em Wikidata
Morte1322 a. C. Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Menfis Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaVal dos Reis Editar o valor em Wikidata
Great Royal Wife (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAntigo Exipto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónraíña Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloGreat Royal Wife (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía XVIII de Exipto Editar o valor em Wikidata
CónxuxeTutankamon y Ay
FillosAnkhesenpaaten Tasherit, momia 317a, Momia 317b Editar o valor em Wikidata
PaisAkhenatón Editar o valor em Wikidata  e Nefertiti Editar o valor em Wikidata
IrmánsTutankhamon, Neferneferuaten Tasherit, Neferneferure, Setepenré (pt) Traducir, Meritaten Tasherit, Ankhesenpaaten Tasherit, Meritaten e Meketaten Editar o valor em Wikidata
Akhenatón, Nefertiti e as súas fillas

Aparece en moitas representacións, acompañada sempre dos seus pais, Akhenatón e Nefertiti, así como das súas dúas irmás máis vellas. Crese ademais que, e un certo momento de finais do reinado do seu pai, foi casada con el mesmo, e ata se fala da existencia dunha filla nacida deste incesto real, de nome Ankhesenpaatón-Tasherit.

Sexa como for, á morte do seu pai, contraeu matrimonio co príncipe TutankhAtón, irmán ou fillo de Akhenatón, converténdose así na Gran Esposa Real, en 1327 adC. Cando o seu esposo restableceu o culto a Amón e reabriu os templos, tras a revolución relixiosa que levou a cabo o seu pai, ambos cambiaron os seus nomes, sendo respectivamente Tutankhamon e Ankhesenamon.

O paso pola historia desta raíña exipcia foi breve. Ao quedar viúva cando Tutanjamón morreu no ano 9 do seu reinado, casou co seu avó Ay e logo desaparece dos documentos exipcios. Isto fixo pensar que ela puido ser a raíña viúva que escribiu unha carta aos hititas, os acérrimos inimigos dos exipcios, solicitando un príncipe co que casar e co que se converterían na nova parella real. É o caso de Dahamunzu.

A repentina subida ao trono de Ay fixo pensar que foi tras desbaratar aquela insólita conxura, e é lóxico que a raíña viúva Ankhesenamon fose silenciada e ata eliminada pola súa traizón. Aínda así, aínda está por descubrir a identidade desta raíña, e formuláronse outras hipóteses, como as de Nefertiti (a que cobra máis forza ultimamente) ou Meritatón, a maior das fillas de Nefertiti e Akhenatón.

Véxase tamén editar