Aniwa é unha pequena illa no extremo sur da provincia de Tafea, Vanuatu. Como Illa de coral, levántase so 42 metros por riba do nivel do mar. No noroeste atópase a lagoa Itcharo (Tiaro), que está aberta ao mar. A illa grande máis próxima é Tanna, a uns 24 quilómetros ao suroeste.

Aniwa
Localización de Tanna
Aniwa arriba á dereita
Situación
PaísVanuatu
ProvinciaTafea
ArquipélagoNovas Hébridas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas19°15′14″S 169°36′0″L / -19.25389, -169.60000Coordenadas: 19°15′14″S 169°36′0″L / -19.25389, -169.60000
Xeografía
XeoloxíaAtol
Superficie8 km²
Longura máxima7,2 km
Largura máxima1,8 km
Punto máis alto42 m
Demografía
CapitalIsavaï
Poboación341 hab. (2009)
Densidade42,63 hab./km²

A poboación é ao redor de 300 habitantes en catro aldeas:

  1. Itamotou
  2. Imalé
  3. Isavaï
  4. Ikaokao
  5. Namsafoura

O pobo principal é Ikaokao, situado no centro do sur da illa, seguido por Isavai no centro da illa. A seita de cargo John Frum existe en Ikaokao, e non está afectada pola participación turística que modificou o culto en Tanna. Hai unha pista de aterraxe no norte con voos desde Port Vila dúas veces á semana. Fondear non é doado a 20 metros da costa oeste da illa, pode ser identificado un fondeadoiro pintado cun cadrado branco na cara do coral.